valdevez

Restaurante Valdevez. Rúa San Bernardo 4, Vigo. 986223183. No corazón do Casco vello de Vigo un local amable e divertido. Cociña tradicional con fundamento e aire fresco a prezos razoables.

Valdevez Tarxeta

Ás veces, o mellor xeito de achegarse ao estilo de cociña dun restaurante é a través da propia declaración de principios.
“Somos intérpretes do noso territorio”, proclama Javier Olleros desde Culler de Pau.
“A última cociña do mundo” é a liña actual de Pepe Vieira no Camiño da Serpe.
“Cociñamos lembranzas”, Maruja Limón.
“Historia i evolución”, Pepe Solla.
“Recuperación das cociñas ancestrais a partir da tradición, a materia prima local, a evolución de metodoloxías e investigación”. Lucía Freitas.
“Bo gusto e sentido común”. Yayo Daporta.
“Cociña recoñecible polo imaxinario gastronómico pero con novos matices…”. Silabario.
“Produto galego tratado con respecto e sinxeleza. Iñaki Bretal no Eirado.
Etc. E, por resumir todo un xeito de entender o mundo e a cociña, abonda con falar de Dabiz Muñoz, que simplemente coa transgresión das normas ortográficas á hora de escribir a súa sona (e a do restaurante DiverXo), dá fe de todo o que representa o seu mundo gastronómico.

Alta taberna.
O restaurante Valdevez defínese como Alta taberna. Cociña e guisos tradicionais propios dunha taberna abordados desde a pretensión de subir un par de chanzos no seu concepto.
“Valdevez” vén de Arcos de Valdevez e, en boa medida, transmite o acollamento e o bo facer dos irmáns portugueses.
O local é desenfadado e divertido, acolledor e atractivo.
Servizo cercano e eficaz.
Carta moi ampla, internacional, moderna e divertida. ç
Entrantes. Carpaccio de reno con virutas de foie (pementa e módena), 11.95€; Carpaccio de calabacín con pasas, pistachos e outros froitos secos, 8.50€; Tartar de atún vermello con guacamole, 15.50€; Chupa Chups de foie con marmelada de fresa e améndoas, 9.50€; Chacina de León con foie, parmesano e aceite de arbequina, 13.95€; Croquetas caseiras de xamón, 9.95€; Saquiños Vadevez, 11.50€; Revolto de tetilla, ourizo e algas,13.50€) etc.
Ensaladas. Con queixo do cebreiro, amorodos noces e aliño doce, 10.50€; con salmón, queixo crema, canónigos e mazá aceda, 11.95€; con bacalhau afumado, ourizo de mar, crema de oliva negra, ovo cocido, canónigos e maionesa, 12.95€; etc.
Principais. Lombo de vaca galega madurada con pataca e ali-oli, 23.50€; Faceira Valdevez estufada con Pedro Ximénez, 15.95€; Costela ao forno a baixa temperatura con salsa barbacoa Valdevez con pataca frita, 16.50€; Tataki de atún vermello con alga wakame goma e ovas de troita, 19.50€; Bacalhau ao forno Valdevez, 17.50€; etc.
Valdevez Street. Sashimi de salmón en cítricos, mango texturizado, guasacaca e froita osmotizada en vermú, 11€; Goyzas de polo e verduras, 10.50€; Sashimi de atún vermello, teriyaki, salsa de soia e sésamo, 17.50€.
Brioche, hamburguesas e bocadillos. Brioche de salmón con cítricos, guasacaca, rúcula e ovas de troita, 10,95€; Brioche de steak tartar, rúcula e ali-oli de soia, 13.50€; Hamburguesa de tenreira con queixo crema, cebola acaramelada e queixo cheddar con pataca palla, 8.80€; Hamburguesa de polo con ovo frito, cebola crocante e quexo cheddar con pataca palla, 8€; etc.

Valdevez Pizarra

Hoxe nós vimos a probar o menú do día: 13.50€, dous pratos, bebida e sobremesa ou café.
Entre os primeiros a elixir a empanada de atún con masa wan-ton; ensalada de Cebreiro; tosta de mazá acaramelada, queixo azul, mel e noces; aliñas de polo forneadas co seu mollo BBQ. De segundos, a croca á prancha con pataca frita ou guiso de luras.

Valdevez Empanada
Empanada de atún
Valdevez Tosta
Tosta

De entrante compartimos unha de empanada con masa china e a tosta de mazá e queixo azul. En calquera dos casos, pratos divertidos, diferentes e moi ricos.

Valdevez Guiso de Calamar
Guiso de luras
Valdevez Carne
Croca con patacas fritas

Para o prato principal, probamos un de cada. Moi diferentes; o guiso é un guiso da avoa, sabrosón, moi ben ligado, con patacas no propio guiso… Gustoume moito. A croca, na prancha con patacas fritidas é o que é; ben traballada e cun mollo para suavizar, ao seu estilo, tamén está moi rica.

Valdevez Sobremesa
Sorbete de mandarina

Para a sobremesa coincidimos no sorbete de mandarina; fresquiño, ben texturizado, con moito sabor. Ademais había unhas natillas con caramelo.

A comida gustounos moito, a ambos os dous, e pareceunos un bo prezo para este menú do día. Ademais dos 12.50€ cobraron 1.40€ polo café.
Local moi recomendable. Vista a exhibición do menú do día, hai que supoñer que a carta está, cando menos, ao mesmo nivel de cociña. Haberá que probar.

Valdevez
  • Rúa San Bernardo, 4
  • 36202 Vigo (Pontevedra)
  • 986 22 31 83
  • GPS: 42.239672N, 8.725671O
  • Facebook
  • Cociña: internacional
  • Prezo: menú diario 13.50€
  • Peche: domingo noite