un verán máis… no lourancho

Un verán máis… no Lourancho… Porque a visita a Maribel marca, dalgún xeito, a inauguración oficial da tempada de vacacións. Todo no seu sitio, coa novidade dunha carta máis completa.

Lourancho 6

Ademais da tortilla (aposta segura) e da richada (para nós a mellor de todas as que coñecemos na zona), agora tamén polbo, calamares…

Lourancho 1

A proposta de Maribel probamos os calamares. Rebozados como a min me gustan, só en fariña, e ben torradiños, co toque de limón estábanche ben ricos.
Como acompañamento do viño (no noso caso branco, pero non descartedes o tinto) un chouriziños fritidos metidos en pan que pingaban ata a alma.

E logo, claro, o licor café.
Aquí si que que falamos dunha aposta máis que segura. Os catro presentes (estamos con Luis e Luz) coincidimos en certificar que se trata do máis rico en moitos quilómetros (e anos) á redonda.
Todo (a comida, o viño, o espazo, o licor café, o prezo que non acaba de chegar aos 8€ por cabeza… a atención de Maribel!), todo colabora a que sexa o noso furancho (perdón, Lourancho, nin loureiro nin furancho!) favorito no Salnés, ese punto de referencia ao que ano tras ano, pase o que pase, sempre acabamos por volver.

O Lourancho (de Manolo)
Tirabao 9. Baión.
36614. Vilanova de Arousa
986 507 738
GPS: 42º33’12”N,  8º44’11”O