Turismo restaurante Lounge en Barcelos é un local fermoso, requintado, con fermosas vistas sobre o río Cávado, unha cociña tradicional con guiños actuais e un prezo a ter moi en conta.
Fica alí, acima do Cávado, no cerne da cidade, frote á Igreja Matriz. O local está moi coidado e foi decorado con gosto e precisión; as vistas, malia a tristura do día, son magníficas.
Recíbennos cun portónic e, ademais do variado de pans e a manteiga, unha crema de alheira que, sen ser un artigo moi do meu padal, resulta moi agradable.
As entradas elíxenas eles e traen todo o que vedes arriba. Todos os bocadinhos a un alto nivel, pero as miñas preferencias van directamente a pataca recheada de bacallao. As ‘tapas’ son a 7,5€ a unidade.
Somos seis e de prato pedimos Arroz de peixe sapo e lagostino aromatizado, coentros relembrando nos vellos tachiños de cobre Algarvios (para dúas persoas, 35€), o Suflé de robalo con cremoso de gambas, puré do momento e legumes finos (para dúas persoas, 35€) e o Filete de robalo com Açorda alentejana en carcasa de pan típico con berbigão e gambas (prato individual, 20,5€).
Turismo Lounge – Arroz de tamboril e camarão
Turismo Lounge Souflé de robalo com gambas, puré e legumes
Turismo Lounge – Açorda de bergigão e gambas con robalo
A carta de sobremesas é ampla e variada; compartimos tres: Crocante de leite creme com gruta e gelado de tangerina, Waffle de chocolate com gelado e amêndoa, e Mini pao de ló caseiro com queijo da serra amanteigado. Nada que dicir. Imposible pronunciarse por unha preferencia aínda que o contraste do doce co queixo da serra foi todo un decubrimento.
Comimos con auga e unha botella de viño do Douro que deu a talla (21€), tomamos cafés e pagamos 188€ que, repartidos entre os seis, sae a 31 euros por persoa.
Dado o nivel do local, o coidado no servizo, a oferta da carta e dos viños… e, sobre todo, a cociña e os detalles, coincidimos en que se trata dun prezo moi, moi axustado.
En conxunto, e seguindo o meu particular críterio, válido para repetir calquera outro día.
Turismo Lounge Bar
Rúa Duques de Bragança
4750-272 Barcelos
351 253 826 411
http://www.restauranteturismo.co
Facebook
GPS: 41.528763N, 8.623391O
Cociña: Tradicional
Prezo: 30-40€