tascas e petiscos

Fiel á teoría de que un bo gourmet debe saber aprezar a bondade dunha comida, sexa esta de oito ou de oitocentos, hoxe traio ao blog esta publicación do Expresso.

expreso

Topeime con ela de casualidade. Curioseando nun pequeno quiosco da rua do Santo Ildefonso de Porto. Compreina sen pensar. Para que sexa ela quen pense por min cando se trate dunha desas boas comidas por 8 euros en Portugal.
En Portugal, como en España, son moitos os xornais que teñen un blog ou unha sección semanal para recomendar este ou aquel restaurante. O Expresso vai un punto máis alá. Ten, na súa web, unha sección completa dedicada ao comer (Boa mesa) e ao durmir (Boa cama); cada ano saca ao mercado unha publicación cos hoteis e restaurantes premiados así como os destacados (Guía Boa cama, Boa mesa). A guía pode consultarse directamente (Guía Boa cama, boa mesa) ou a través de dispositivos Android ou IOS (o enlace é ás guías de 2017; a de 2018 está a piques de saír). Ademais, a Guía ten o seu propio Facebook.

tascasepetiscos

Pero, se anterior non fose suficiente, o expreso vén de sacar a súa guía Tascas e petiscos.
As intencións están claras: ‘Nesta guía, com uma seleçao de mais de 350 estabelecimentos, o objetivo nunca foi escolher os melhores, mas sim, encontrar, ao longo do país, exemplos de locais onde servir petiscos é, quase mais do que um negócio, um verdadeiro prazer. Conheça ainda as tascas preferidas dos melhores chefes de cozinha nacionais… Tascas, tasquinhas, tascos, tabernas, adegas, casas de pasto, snack bars, petisqueiras, cafés, cervejarias… as tascas mantêm viva a cultura e a gastronomia popular do nosso país…

Tasca: (por se acaso): estabelecimento onde se serve vinho e refeições ligeiras a baixo preço; taberna (Infopedia, dicionarios do portugués en liña da Porto editora.

tascasepetiscos sande
Típico sandes, da contraportada de Tascas e petiscos

Petisco: (tamén por se acaso): 1. comida muito saborosa; pitéu. 2. iguaria que se serve antes do prato principal de uma refeição; acepipe, aperitivo.

A partir de agora, e dosificado, irei falando de diversas cuestións do libro. Un pequeno vocabulario de petiscos, para saber o que comemos; unha aproximación ás tascas da zona norte; un resumo das tascas da cidade de Porto; unha referencia ás tascas que recomendan os grandes chefes de Portugal…