pechar á unha da mañá
Unha vintena de restaurantes do grupo Nove pecharán as portas á unha da mañá. O titular da Voz de Galicia dixital de hoxe vén asinado por Laura G. Del Valle.
Contidos difíciles de etiquetar ou que non teñen cabida noutro lugar
Unha vintena de restaurantes do grupo Nove pecharán as portas á unha da mañá. O titular da Voz de Galicia dixital de hoxe vén asinado por Laura G. Del Valle.
Grazas, Toñi, grazas. Por terme descuberto moitos dos sabores que hoxe forman a miña modesta bagaxe gastronómica. E grazas, moitas grazas, por compartilos agora deste xeito maxistral neste marabilloso libro. Teño escrito en diversas ocasións a miña debilidade por Toñi Vicente.Non é ningún segredo a influenza que tivo no meu xeito de entender a alta …
Hoxe escribo por primeira vez sobre unha bodega. A culpábel é Ronsel do Sil, na Ribeira Sacra ourensá. Visita moi recomendábel, e viños, os probados ata agora, de gran nivel. Na anterior entrada pechaba a visita a Galileo cun parágrafo que abría paso a un novo campo por explorar: as bodegas. Despois de comer …
A edición da Guía Michelín España e Portugal 2020, lémbrame, en sentido contrario, o título da marabillosa novela sobre a Gran Guerra de Erich Maria Remarque: sen novidade na fronte. Hai unha adaptación ao cine, a estadounidense de 1930, de Lewis Milestone, que acadou dous dos Óscar maiores (por non dicir os ‘dous Óscar’ …
O Dicionario da comida galega, de Xavier Baixeras, é un marabilloso percorrido por toda a cultura gastronómica de Galicia, da a á z. Un dicionario, si, e moito, moitísimo máis. Teño escrito en diferentes ocasións (Dicionario de alimentación e restauración) como este dicionario, da autoría de Manuel González (á cabeza dunha decena de especialistas, construído …