santiago

Restaurantes da capital da Galiza

pampín bar

Pampín Bar, Alén Tarrío. Ruela das Fontiñas 4, Santiago, 981116784. Toda a esencia dunha casa de comidas de sempre con proposta de cociña, tamén tradicional, pero con chispas de actualidade.

a horta de eloy cancela e kike piñeiro

A Horta do Obradoiro vén pegando forte. O certo é que non lle falta de nada para destacar. Cociña, espazos, atención e prezos forman un cuarteto triunfador na esixente Compostela. Despois do noso estudo dos mellores restaurantes galegos de 2021 segundo as guías (ver entrada), ocupaba o segundo lugar de urxencias na nosa lista de …

a horta de eloy cancela e kike piñeiro Ler máis »

lucía freitas

Desfrutar dun menú de degustación de Lucía Freitas en Lume  -8 momentos- custa 40€. Vela a ela trasfegar con calquera labor que se lle poña por diante, non ten prezo. Os fados, sempre caprichosos, quixeron que esta semana se centrase nos menús máis accesibles dalgunhas das mellores cociñeiras galegas. Se o pasado mércores era o …

lucía freitas Ler máis »

a mellor empanada da rúa do franco?

A Noiesa (Compostela), de caste vénlle o nome e a esencia, escapa un pouco aos tópicos do Franco. Nada de marisco, tapas e pratos tradicionais, cociña esmerada e prezos aceptábeis. Non teño por costume deixarme levar polo bum dunha noite de verán, pero o caso de A Noiesa, na turística rúa compostelana, vaise un pouco …

a mellor empanada da rúa do franco? Ler máis »