retrincos

Retrinco: Espazo moi breve de tempo
Retrinco: obra de Castelao de relatos breves cargados de retranca

por catro perras

Hoxe traio a este meu espazo un libro. Trátase dun libro modesto na súa edición pero imprescindible para todos os que, arredor ou pasando da cincuentena, crecimos no Vigo do final da ditadura. O libro titúlase Por catro perras e escribiuno José Barral no ano 2007 para edicións Cardeñoso. O autor subtitúao ‘Guía de tascas […]

por catro perras Ler máis »

o queixo de arzúa-ulloa

Onte, escoitando o especial Come e Fala da Galega desde a Festa do queixo de Arzúa, ocorríanseme unha chea de temas para un comentario. Da falta de máis programas radiofónicos, e tamén televisivos, e de calidade, sobre gastronomía, programas que vaian máis alá da simple descrición de receitas do mediático de turno… Das festas gastronómicas

o queixo de arzúa-ulloa Ler máis »

lacón with grelos

Lembro que cando se fixo a presentación do Grupo Os Nove, alá, a cabalo entre o 2003 e o 2004, púxose de moda este lacón with grelos que a min me parece bastante desafortunado para falar dos Nove, pero que roubo sen miramentos para dar título ao meu comentario. Se cadra algún día usareino como

lacón with grelos Ler máis »

ferrán adriá

Vimos de recibir os correos no que o equipo de El Bulli nos comunica moi amablemente que as nosas solicitudes de mesa para calquera noite do ano 2010, desgraciadamente, non poden ser atendidas; unha vez máis a demanda excede en moito as posibilidades de reserva. Mala sorte. A notificación coincide coa rolda de prensa de

ferrán adriá Ler máis »