restaurantes

Case todas as entradas deste blog: as que falan das nosas papatorias

restaurante dona branca. palacio de sober

Había tempo que tiña ganas de coñecer as preparacións de Marco Varela. Desde que escoitei falar del polo primeiro lugar no concurso galego de cociñeiros. Desde que o escoitei falar despois do terceiro no nacional, sen axudas, sen políticos, contra vento e marés.     As primeiras impresións do hotel son magníficas. O xardín, a […]

restaurante dona branca. palacio de sober Ler máis »

bar restaurante rojo

Empezamos falando de viños. Do último que me trouxo das súas viaxes, un Malvasía Volcánico de Tenerife bastante peculiar. Sen saber como, saltamos á Ribeira do Douro e caemos no Pago de Carraovejas. Estimo as opinións de Cándido coma se fosen propias. Cándido é compañeiro no instituto, pero, desde que foi o meu director e

bar restaurante rojo Ler máis »

chef ricardo costa. restaurante do yeatman hotel

Xa sen preámbulos (ver The Yeatman no Porto, Hotel e Restaurante) pasamos ao que deu de si a fantástica comida no Yeatman.   O comedor é a quintaesencia da filosofía do hotel. Conforto, delicadeza, acollemento, equilibrio, frescura, beleza, luz. Atención extrema. Vistas espectaculares.    Os menús están bautizados coas denominacións dos máis exclusivos viños do

chef ricardo costa. restaurante do yeatman hotel Ler máis »

the yeatman en porto. hotel e restaurante

A crónica das grandes comidas non debe ser despachada nun par de liñas como quen describe a churrasquería da esquina. Perfecta, si, pero iso, non máis (nin menos): unha churrasquería. As comidas e os locais excepcionais acadan esta categoría pola suma de incontables, grandes, pero tamén pequenos, detalles. Como xa ocorreu nalgunha ocasión anterior (e

the yeatman en porto. hotel e restaurante Ler máis »

o clube da gula

Onte sábado 5 era o día das inauguracións simultáneas de temporada no barrio Bombarda de Porto. Segue a ser un acontecemento óptimo para pasar unha tarde-tardiña-noite de sábado. Onte había non menos de vinte inauguracións de exposicións nas salas de arte, animación nas rúas, actividades para cativos, programas propios preparados por moitas das tendas, etc.

o clube da gula Ler máis »