herdade do esporão
Carlos Teixeira. Reguengos de Monsaraz, Alentejo. +351266509280. Cociña de autor, produto de proximidade e raíces alentexanas. Comedor de inspiración nórdica luminoso e agradábel. Menú curto de 5 pases, prezo 70€.
Restaurantes visitados en Portugal considerado desde o Douro para o sur
Carlos Teixeira. Reguengos de Monsaraz, Alentejo. +351266509280. Cociña de autor, produto de proximidade e raíces alentexanas. Comedor de inspiración nórdica luminoso e agradábel. Menú curto de 5 pases, prezo 70€.
Para os máis escépticos que aínda seguen a ver aos veciños do sur por riba do ombreiro, para todos aqueles para os que a memoria histórica non é máis que unha anécdota que caeu no esquecemento –e que mellor así–, está, tamén, o xeito de ser e estar dos irmáns portugueses. Andabamos por Santarem, admirando …
O motivo da escapada de dous días a Portugal era Peniche; e, máis concretamente, a súa fortaleza. Porque alí, na praça forte de Peniche (primeiras pedras en 1557 e dende entón o sufrimento dos avatares dunha historia case inexpugnable) estivo entre 1934 e o 25 de abril de 1975, a prisão política de segurança máxima …
Como vén sendo costume en febreiro (2012, 2013), toca informar sobre un dos eventos do ano no mundiño da gastronomía portuguesa: os chefs e restaurantes preferidos do blog de Duarte Calvão (perfil) e Miguel Pires (perfil) Mesa Marcada. As normas e procedementos de votación están nas entradas anteriores (2013) e, mellor aínda, no propio blog. …
Pois por todo. Podería acollerme á historia e chorar de envexa (sa envexa) polo 25 de abril, ou tirar aínda máis atrás e achar que non hai que ir tanto máis atrás para saber que somos os mesmos. E polo idioma, pola paisaxe, polos costumes, polo fado, por Siza Vieira, polo Douro, pola gastronomía, por …