opinión

Entradas nas que se expresa a miña opinión particular sobre algún tema candente

grazas, moitísimas grazas, toñi

Grazas, Toñi, grazas. Por terme descuberto moitos dos sabores que hoxe forman a miña modesta bagaxe gastronómica. E grazas, moitas grazas, por compartilos agora deste xeito maxistral neste marabilloso libro. Teño escrito en diversas ocasións a miña debilidade por Toñi Vicente.Non é ningún segredo a influenza que tivo no meu xeito de entender a alta …

grazas, moitísimas grazas, toñi Ler máis »

dicionario da comida galega

O Dicionario da comida galega, de Xavier Baixeras, é un marabilloso percorrido por toda a cultura gastronómica de Galicia, da a á z. Un dicionario, si, e moito, moitísimo máis. Teño escrito en diferentes ocasións (Dicionario de alimentación e restauración) como este dicionario, da autoría de Manuel González (á cabeza dunha decena de especialistas, construído …

dicionario da comida galega Ler máis »

de copias, plaxios, piratas e outros palabros

Un blogueiro afeccionado que escribe sobre restaurantes de Galicia e norte de Portugal non pode abarcar a milésima parte da oferta que hai. Ás veces temos que recorrer aos préstamos. E digo ben: préstamos. Un que vive dun traballo e dun soldo de mestre non pode visitar todos os restaurantes que querería; nin por tempo, …

de copias, plaxios, piratas e outros palabros Ler máis »

diverXO. definitivamente SI

Antonte a dúbida –gastronomicamente quasi existencial– xiraba arredor de se unha comida en Diverxo pagaría a pena. Hoxe teño que afirmar de xeito inequívoco, sen ningún tipo de remorso, que si. Estou a falar co corazón e cuns sentidos que, vintecatro horas despois, seguen a flor de pel, dunha memoria que aínda é presente apegada …

diverXO. definitivamente SI Ler máis »

día d menos un

A piques de coller o coche para viaxar a Madrid. Estou que non caibo dentro de min. A ansiedade cómeme. Terei que largarme medio Trankimazín… Non, que hai que conducir… Pasado o susto inicial (Caro diario), entreteño as horas mergullando en Internet. Leo de todo pero non son quen de facerme unha idea. En que …

día d menos un Ler máis »