casa portuguesa
Casa Portuguesa (Parrilla Umia). Vilanoviña 29, Vilanova de Arousa. 986715242. Local amplo, sen pretensións pero acolledor, terraza sobre o río. Típico acollemento portugués. Menú diario 12 euros: os mércores, cocido.
Restaurantes visitados a raíz do seu menú do día
Casa Portuguesa (Parrilla Umia). Vilanoviña 29, Vilanova de Arousa. 986715242. Local amplo, sen pretensións pero acolledor, terraza sobre o río. Típico acollemento portugués. Menú diario 12 euros: os mércores, cocido.
O bar La cueva, en Cabeiro, Redondela, é unha magnífica opción para un marisquiño e un peixe a prezos económicos. Tamén para un interesante menú do día por 10.50 euros.
Doña Tapa é unha moi boa opción para degustar unhas tapas na esixente Vilagarcía. Onte descubrimos que tamén ofrece un menú do día, rico e abundante, digno de ser visitado. A rúa da Baldosa, en Vilagarcía, é unha desas zonas que, como o Barrio Húmedo de León, ou a rúa Laurel de Logroño, falan por …
A comida no salón rexio do Náutico de Vigo, coa súa caducidade en perfecto estado de conservación, coa ría rendida aos teus pés, é unha experiencia que merece ser disfrutada. Para eses que nos dicimos de Vigo de toda a vida, a mención ao Real Club Náutico (así, con maiúsculas, co rango de realeza) representa …
Casa Mar de viñas defínese como tapería. Nós fomos ao menú do día e saímos moi satisfeitos da cociña. Local grande, terraza con vistas, persoal extremadamente amable e prezo baixo. O nome fai xustiza ás vistas: un auténtico mar de viñas no corazón do Salnés, en Muíños Novos (Barrantes). Nesta ocasión foi Luis quen se …