tascas e petiscos
Fiel á teoría de que un bo gourmet debe saber aprezar a bondade dunha comida, sexa esta de oito ou de oitocentos, hoxe traio ao blog esta publicación do Expresso. Topeime con ela de casualidade. Curioseando nun pequeno quiosco da rua do Santo Ildefonso de Porto. Compreina sen pensar. Para que sexa ela quen pense …