un cocido montañés
Cocido montañés na Bodega Fuente De, rúa Peña Herbosa, 5, Santander, 942213058. Local típico nunha das rúas de viños de Santander; a cabalo entre turístico e xente local; boa cociña e bo prezo.
Cocido montañés na Bodega Fuente De, rúa Peña Herbosa, 5, Santander, 942213058. Local típico nunha das rúas de viños de Santander; a cabalo entre turístico e xente local; boa cociña e bo prezo.
En O Cortixo, na Illa de Arousa, onte mércores, o cocido era prato do día. Pataca, repolo, chourizo, tenreira, touciño, costela e mais polo. Quen quere máis por cinco euros?
Ademais das míticas empanadas e doutras especialidades que van moito máis alá dun sinxelo merendeiro, Casa Pozas (Cabeiro, Redondela) ofrece un completo cocido dominical por 35 euros para dúas persoas.
O Rápido, en Porto, promóvese cun slogan algo desconcertante: 100% portuguese food. Local mínimo, tradicional e agradable, servizo amabilísimo e un auténtico cocido portugués de domingo por 15 euros persoa.
Cociña tradicional caseira no corazón de Vigo. Os mércores, por 12€ persoa, un cocido galego histórico e carismático na cidade. Decoración rústica, ambiente e trato amigables e recomendación de reservar.