baixoMiño

Restaurantes da comarca do Baixo Miño: Tui, Tomiño, Goián, O Rosal, A Guarda e Oia

enoturismo de natureza en señorío de rubiós

A adega Señorío de Rubiós entra con forza no mundo do turismo enolóxico. Hotel, viño, arquitectura, natureza e o restaurante tradicional cunha cociña máis que salientábel. Os prezos son axustados. Comezar dicindo que fomos invitados. O amigo Luis, fan incondicional deste blog e ás veces colaborador coas súas recomendacións, compañeiro de incontábeis inquedanzas, elixiu o …

enoturismo de natureza en señorío de rubiós Ler máis »

lembrando os tempos de montañeiros celtas…

O Bar Monte Aloia é unha opción segura e, a día de hoxe, xa histórica; leva unha chea de anos alí, no curuto do monte Aloia, e segue moi vivo. O Monte Aloia ofrece unha cociña tradicional, con tapas e algúns dos seus clásicos (as empanadas, ese bacallau…). O prezo, normal, tira a barato. Son …

lembrando os tempos de montañeiros celtas… Ler máis »

uns callos en salceda

Comimos os callos no Z9 (Salceda). Local normal, tipo tapería, servizo atento, e os callos estaban para mollar pan e non parar. A ración –cazoliña de barro a rebosar–, 5€. Salceda de Caselas, como toda a Louriña, é terra de callos; en Salceda, a principios de setembro, celébrase a festa da exaltación dos callos; van …

uns callos en salceda Ler máis »

en nigrán como en valença (ou mellor)

O restaurante Dona Elsa, Nigrán, ofrece comida tradicional cun espazo moi concreto para a tradición portuguesa dos seus donos. O bacallau ao forno está ao nivel dos mellores bacallaus portugueses. Chegamos a Dona Elsa por indicación de Tonio e Elena; unha magnífica recomendación. O local é acolledor e, sen renunciar a moito da esencia portuguesa, …

en nigrán como en valença (ou mellor) Ler máis »

de ceibes no monte a casa paco

Casa Paco, en Torroña (Santa María de Oia) é unha casa de comidas tradicional. Cociña caseira de alta cualidade, trato extraordinariamente amable e prezos que raian no ridículo. Grandísimo descubrimento. Por Torroña non se pasa, hai que ir. Pero a excursión en si mesma xa é unha festa. Falo da estrada que, saíndo de Baiona …

de ceibes no monte a casa paco Ler máis »