Taberna típica do porto de Viana do Castelo. Cociña do mar centrada nos petiscos. Durante a semana, ao mediodía, menú do día. Paga a pena. Moi barato e boa cociña.
É o tipo de local que asoma con enteireza desde as follas do libro Tascas e Petiscos do Expresso.
’O nome original diz pouco às pessoas, que mal ligam à Casa Primavera. Toda a xente conhece o espaço como Taberna Soares, nome que ganhou do apelido do propietário. Dedicam-se aos sabores do mar, sempre sujeitos aos caprichos das marés e à abundância das estações, mas há quase sempre à disposição ovas (€3.5), búzios (€4), mexilhões (€3.5) e percebes (€15 o kg). As caramujas (€12) e as navalheiras (€18) são outras posibilidades de petisco, bem como a sapateira (€14). Atenção que só ao sábado à tarde é que se pode provar a amêijoa (€24 o kg). Conte também com animação regular e com festas temáticas ao longo de todo o ano’.
Eles mesmos defínense como ‘tasca’ e como ‘taberna’, e aí están, entre unha e outra, nas rúas vellas de Viana, preto da desembocadura do Lima e do mar.
A través da taberna orixinal, apenas pequena barra e tres mesas, chegas a un comedor moito máis amplo aproveitado dun patio interior; malia o número de prazas, está sempre cheo. Nós fomos un xoves á unha e media e un cuarto de hora despois xa non había un oco libre. Agás nós e outra mesa de espanholinhos, o resto era xente local, en moitos casos traballadores dos arredores polo menú diario.
As normas da casa están moi claras. Os petiscos só se serven pola tarde, a partir das 17 horas, e o sábado todo o día. Durante a semana, ao mediodía, menú do día a 6€, sendo o diária do venres a 8€ por tratarse do sonado bacalhau frito da casa. Disque tamén teñen sona as ameixas á bulhão pato (unicamente aos sábados de tarde).
O ambientación do local é unha mestura proporcionada de exaltación vienense (carteis da festa da Sra da Agonia) e motivos mariñeiros (múltiples reproducións de barcos de pesca); hoxe, tamén, importante espazo reservado aos adornos navideños.
Servizo dilixente que nos propón o menú do día ou ben bacallau na brasa ou fritada de peixiños. Tiramos polo menú (por 6€, sopa, prato, pan, bebida e café). A sopa é a típica portuguesa de legumes e o prato pode ser faneca con arroz e feixão frade ou espaguetis con polo (racións abundantes). Os dous pedimos as fanecas e non nos arrepentimos; os acompañamentos, deliciosos. De bebida de menú unha botella de Encostas do Bairro tinto (Tejo) que non desentoa coa relación calidade-prezo do resto da comida.
De sobremesa (fóra do menú) compartimos primeiro un Queijinho curado com marmelada e o Bolo de bolacha.
Como estaba previsto, pagamos 12€ polos dous menús e 2€ do bolo e 2.5€ polo queixo con marmelo (total 8 euros cada un).
Moi recomendable para o menú do día e, intúo, aínda máis fiable para uns petiscos do mar. Creo que algún venres nos achegaremos a probar o bacallau frito.
Ollo!, insisto, co éxito da Taberna Soares entre as xentes de Viana; convén ir cedo ou coa paciencia preparada para que che dean marcación para a hora que cadre.
Veredes que a espera paga a pena.
Casa Primavera (Taberna Soares)
Rua Góis Pinto 57
4935 Viana do Castelo
258 821 807
Facebook
GPS: 41.690933N 8.833633O
Cociña: tradicional, caseira, petiscos
Prezo: menú do día 6€; carta arredor de 20€
Peche: domingo