restaurante a meca. sinxeleza e produto

Alégrame que empece a asomar, aínda que timidamente, por aí nalgunha guía. En concreto en ‘Disfrutar Galicia. Guía de restaurantes 2012" de La Voz de Galicia.
Presenta A Meca como ‘cociña caseira que sabe a mar a prezos razoables, bon produto e a man de Mari Carmen Outeda aos fogóns. O polbo á Illa e os guisos de peixe son de primeira, sen esquecer as sortes do marisco’.

 xoubasrianxo

Lembro a anécdota do verán pasado. Define ás claras o que a maioría na Illa pensa da súa Meca.
Carmen foi á praza a comprar unhas xoubiñas para comer fritidas e logo escabechar. Había dous montes; un, abundante e a un prezo razoable; outro moito máis escaso e cun prezo bastante (moito) máis alto. A peixeira foi clara, leva destas (as caras), e argumentou sen paliativos, son as de A Meca.

Restaurante A Meca02

Onte, aproveitando a visita de Diego, Maru (Roi) e Carmen e tamén o primeiro raio de sol, baixamos ata A Meca. O día non estaba moi alá pero comemos fóra; dentro, imposible.
Primeira recomendación: nos días turísticos, ou ben reservas, ou ben vas moi cedo, ou ben esquéceo; pero morrer de fame non vas morrer, apúntate a outro dos que están no paseo do Cantiño (se te fías de min, primeiro o Club(e) e segundo A Salga).

Restaurante A Meca03

Onte estreamos carta.
A pizarra segue no seu lugar, cantan as especialidades como sempre… pero agora presumen, tamén, de carta impresa.
Todo máis detallado e sen perigo de fallos de memoria.
Comezamos cos calamares (para min imprescindibles), cunhas zamburiñas á prancha (fantásticas) e polo que para moitos é o buque insignia de A Meca: o salpicón, hoxe de peixe-sapo (tamén pode tocar de marisco).

Restaurante A Meca04Restaurante A Meca05

O salpicón é tan sinxelo como eficaz: cebola moi picadiña, o pixín en anacos respectables, moito ovo e unhas olivas; todo regado de aceite e vinagre en abundancia e proporcións que dependen da man executora.

Restaurante A Meca06Restaurante A Meca07

De segundo tampouco podían faltar o arroz de marisco e os fideos con ameixas. Hoxe o arroz estaba especialmente bo, pero ante a dúbida, eu sempre tiro polos fideos.

Bebimos refrescos, caña, auga e un par de copas de viño e pagamos 20€ por cabeza.

Mariñas en Cabodeiro03Mariñas en Cabodeiro08

En fin, segue a ser a mellor oferta de A Illa.
E, de paso, que tal unhas fotos na praia de Cabodeiro?