peter lindberg

Untold Stories. Exposición de fotografías de Peter Lindberg (Leszno Polonia 1944, París 2019). Molle da Batería, Porto, A Coruña. 4 de decembro de 2021 a 28 de febreiro de 2022.

Peter Lindberg Destacada

Icona da fotografía de moda. Lindbergh era un amigo íntimo e querido colaborador entre estrelas de cine, supermodelos e influenciadores de moda.
‘Ista debería ser a responsabilidade dos fotógrafos de hoxe: liberar ás mulleres, e en definitiva a todo o mundo, do terror da xuventude e da perfección’. (Peter Lindbergh).
Peter Lindbergh gañou fama mundial a finais da década de 1980 grazas ás súas imaxes de supermodelos. Anunciaba unha nova era de beleza natural e feminidade segura de si mesma e introduciu unha nova forma de realismo e autenticidade na fotografía de moda. Os seus retratos pioneiros e reveladores de personaxes e o seu estilo narrativo deixaron unha pegada que segue viva na actualidade.

Peter Lindberg 2
Peter Lindberg 1
Peter Lindberg 3

A selección de 152 imaxes, seleccionadas polo propio Lindberg, inclúe fotografías antigas e máis recentes, presentadas dende a perspectiva do artista. Ademais do seu traballo para revistas de renome internacional, a colección conta con numerosas fotografías nunca publicadas ata o momento e que revelan un lado descoñecido da súa obra.
(Os textos anteriores están extraídos da páxina web oficial da exposición: peterlindberguntoldstories).

Peter Lindberg 6
Peter Lindberg 5
Peter Lindberg 4

Mención á parte merece a instalación no molle da Batería de A Coruña.
Deseñada por Elsa Urquijo arquitectas, paréceme unha magnífica adaptación dun espazo existente, en decadencia, para o seu aproveitamento como reclamo cultural.
Destaca, por riba do demais, a mimetización co entorno e o aproveitamento dos vellos contenedores como eixo da rehabilitación e mesmo a súa utilización como obxectos arquitectónicos.

Instalacion Molle Bateria 1
Instalacion Molle Bateria 2
Instalacion Molle Bateria 3
Instalacion Molle Bateria 5

Moi destacable, tamén, a reconversión (apenas sen intervención) dos vellos silos de cemento en tenda da exposición e pequeno bar-cafetería; reforza o carácter industrial e portuario do espazo deixando a vista, e sen tocar, a maioría das instalacións orixinais. Un acerto.

Instalacion Molle Bateria 4