cocido galego

Incluímos esta receita para manter a liña do artigo de bonvieur ao que facemos referencia. Noutras seccións temos outras receitas de cocido galego, como a de Álvaro Cunqueiro, a de Jorge Víctor Sueiro ou a do Tabernáculo da Santa Sede.
Neste caso os textos e a receita son de Mónica Prego en bonviveur. Acceder aquí á receita completa.
(Eu, nin quito nin poño coma, simplemente traduzo ao galego).

Cocido Galego
Cocido Galego
foto: @pandebroa.by.monikaprego

“Para facer un bo cocido usaremos verduras de tempada. No caso do galego, principalmente grelos ou repolo, e diferentes carnes, tanto de polo fresco como de tenreira e porco salgado. Tamén é importante preparalo correctamente e poder servilo quente para ter espazo na nosa cociña para utilizar as diferentes potas que necesitaremos no proceso. As carnes cócense todas xuntas, nunha pota grande, pero despois, tomando a auga desta cocción, empregaremos unha para facer a sopa, outra para cocer as patacas, outra para as verduras e outra máis onde teremos os garavanzos repousando na auga e quentiños.

Facer un cocido sempre pode variar, dependendo dos gustos e costumes de cada casa ou mesmo das zonas xeográficas, pero sempre será un prato abundante e variado, moi típico nas festas e reunións familiares”.

Información da receita
  • Tempo de preparación: 30 minutos
  • Tempo de cocción: 3 horas e 30 minutos
  • Tempo total: 4 horas
  • Porcións: 8
  • Categoría: prato principal
  • Tipo de cociña: Galega
  • Calorías: 179 kcal por 100 g
Ingredientes do cocido galego para 8 persoas
  • 200 g de costela de porco salgada
  • unha orella de porco
  • 200 g de panceta de porco salgada
  • 400 g de rodilla de tenreira
  • Unha culata de polo
  • 4 embutidos cocidos
  • Un anaco de porco salgado
  • 300 g de garavanzos
  • 2 acios de grelos
  • 8 patacas enteiras
  • 300 g de fideos de sopa
Cocido Galego
Como facer o cocido galego

Comezamos a receita a noite anterior, poñendo o porco salgado en auga para que perda o exceso de sal. Tamén meteremos os garavanzos en auga, para que tarden menos en cocer.

Ao día seguinte, unhas tres ou catro horas antes, comezaremos a preparar a receita. Nunha pota grande poñemos as carnes, e cubrimos de auga.

Ao mesmo tempo metemos os garavanzos nunha bolsa de tea e tamén os colocamos na pota coa carne. Poñemos a pota ao lume e deixamos ferver a lume forte. Pasada hora e media, teremos que comezar a comprobar se a carne está cocida. Ao ter diferentes tipos de carnes e tamaños, os tempos de cocción non serán os mesmos para uns que para outros. Tamén poden variar segundo teñamos carne de animais criados na casa ou se se compra na carnicería, xa que os tempos serán máis curtos. Tamén comprobaremos se os garavanzos están cocidos e cando estean listos retiramos a bolsa. Poñémolas nunha pota, cubrimos cun pouco de auga de cocción e reservamos.
Retiramos a carne a un prato, a medida que comprobamos que estea cocida.

Mentres se coce a carne lavamos as verduras e pelamos as patacas, pero non as cortamos xa que as coceremos enteiras. Cando a carne estea lista, e utilizando a súa auga de cocción, teremos que facer a sopa e cociñar as patacas e as verduras.

Poñeremos nunha pota as patacas enteiras e cubrirémolas coa auga da cocción da carne, e deixaremos ferver ata que se poidan perforar. Noutra pota faremos a sopa de cocido, para o que tamén usaremos a auga de cocción da carne. Para que a sopa non sexa tan forte, mesturamos un pouco de auga da billa. Poñemos a pota ao lume e cando empece a ferver engadimos os fideos. Deixámolo uns minutos e apartamos.

Para rematar, e na mesma pota na que cocemos a carne, poñemos as verduras e cocemos. Os tempos de cocción tanto das patacas como das verduras serán relativos e dependerán da variedade e, no caso das patacas, tamén do seu tamaño.

Cando estea todo cocido servimos. Primeiro, a sopa está ben quente, aínda que hai quen prefire tomala ao final.
Despois poñeremos os garavanzos nun recipiente e a carne, as patacas e as verduras nun prato aparte e levámolo á mesa.
Acompañámolo cun bo pan galego e disfrutamos da festa.