Receita oficial do cocido de Lalín

Os ingredientes para 10 persoas
- 1/2 cacheira de porco curada.
- 1/2 Lacón curado (aprox. 1 quilogramo).
- Óso de soá (aprox. 1,5 quilogramos).
- 2 Rabos salgados (aprox. 250 gramos).
- Touciño veteado (aprox. 750 gramos).
- Costela salgada enteira ou en tiras (aprox. 750 gramos).
- 3 Fuciños salgados.
- 5 Orellas salgadas.
- 5 Unllas salgadas.
- 10 Chourizos de Lalín.
- 5 Chourizos ceboleiros.
- 4 Linguas salgadas.
- 1 galiña da casa (aprox. 1 quilogramo).
- Tenreira: falda ou xarrete (aprox. 750 gramos).
- 2 anacos de unto: (200 gramos).
- Garabanzos (1 quilogramo).
- Fabas grandes (700 gramos).
- Grelos (6 molladas de un quilogramo).
- Patacas (aprox. 1,5 quilogramos).


A preparación
CATRO DÍAS ANTES: pór o lacón a desalgar en auga fría e, a poder ser, nunha zona fresca para evitar que colla cheiros. É preciso cambiar a auga cada 24 horas.
DOUS DÍAS ANTES: lavar coidadosamente toda a carne de porco (soá, costela, cacheira, rabo, fuciños, orellas, etc.) e poñela a desalgar e hidratar tamén en auga fría, cambiando a auga ás 24 horas.
UN DÍA ANTES: pór a remollo os garabanzos e as fabas en cadanseu recipiente.
CATRO DÍAS ANTES: pór o lacón a desalgar en auga fría e, a poder ser, nunha zona fresca para evitar que colla cheiros. É preciso cambiar a auga cada 24 horas.
ELABORACIÓN: pór as carnes a ferver nun pote ou ola con auga fría. Cando empece a ferver, incorporar os garabanzos e deixar cocer todo a lume lento durante dúas horas, escumando continuamente o caldo.
Pasado este tempo, retirar as carnes, que se manteran quentes, para meter no caldo os chourizos, as patacas peladas e os grelos.
Deixar os novos ingredientes trinta minutos máis ao lume, momento en que se comezarán a sacar as fontes do cocido á mesa. As carnes quentes con caldo, por un lado, e os garabanzos noutra fonte cos grelos e as patacas. Os grelos e as patacas deben mantenerse sempre quentes.