o clube da gula

Onte sábado 5 era o día das inauguracións simultáneas de temporada no barrio Bombarda de Porto.

bombarda2

Segue a ser un acontecemento óptimo para pasar unha tarde-tardiña-noite de sábado. Onte había non menos de vinte inauguracións de exposicións nas salas de arte, animación nas rúas, actividades para cativos, programas propios preparados por moitas das tendas, etc.

O Clube da Gula Tarxeta     O Clube da Gula Tarxeta

Aproveitando a circunstancia decidimos probar un novo restaurante en Porto, dentro do propio barrio das artes.
O Clube da Gula ocupa unha casa señorial do século XX no corazón do barrio, xusto a carón da porta traseira do CC Bombarda (acceso pola rúa Professor Jaime Rios de Sousa).

IMG_0026    IMG_0098

O palacete, pintado no amarelo dos afíns á monarquía, ten unha pequena tenda gourmet no baixo e o comedor na planta principal. Perfectamente actualizada, a decoración conxuga elementos orixinais (piso, espazos, portas, ventás) con aportacións sobrias en branco, negro e vermello. Tres espazos diferenciados, un pequeno comedor interior, un xardín-terraza moi agradable e a galería que se abre ao xardín.

IMG_0040   IMG_0044   IMG_0048

A carta autoproclámase creativa con raíces portuguesas e ten propostas realmente tentadoras. Dividida en entrandas frías, entrandas quentes (con peixe, sopas, ensaladas, vexetariano…), pratos (do mar e da terra) e sobremesas; ademais, pratos da cociña tradicional (arroz de tamboril, de cabidela, cozido, tripas, etc.) por encargo. Conta con oferta de peixe e carne específica para os máis cativos.
Todos os pratos veñen acompañados dunha suxerencia de viño de acompañamento.

IMG_0055

De entrante pedimos o presunto, o prato de queixos nacionais e os ‘mexilhões panados com puré crocante de queijo de cabra’.

    
IMG_0065     IMG_0069IMG_0064     IMG_0060

Camarão tigre refrescado aom Alvarinho Salada gourmet, sobre ninho de esparguete negro de sépia salteado em manteiga de alho. Queijo de cabra assado con figos e mel envolto em massa filo. Polvo confitado em azeite ao louro e tomilho, sobre batatinhas novas, maionese de alho e coentros, e grelos. Costelinhas de proco preto em vinha de alhos com arroz de carqueja no forno.

IMG_0076  IMG_0077  IMG_0073
IMG_0078

Bolo frio de chocolate negro, creme de morangos e frutos do bosque e bola de gelado. Bolinho chocolate quente, creme de morangos e frutos do bosque e bola de gelado. Degustaçao de gelados e sorbetes.
Bebimos cun rosado sen transcendencia pero perfecto para a calor que ía.
Saímos por pouco máis dos trinta euros por persoa.
Globalmente diría que Clube da Gula é un local OK.
En xeral todos os pratos resultaron correctos pero ningún mereceu unha valoración superior por non saír ningún desa corrección un tanto aséptica e liñal.
En moitos momentos dá a impresión de ser un local ‘familiar’, concepto este que está moi lonxe da estética e oferta, e mesmo do barrio que envolve ao Clube da Gula.

IMG_0095IMG_0097

A oferta gourmet en Porto é ampla como para probar novas alternativas e mesmo repertir máis dunha das coñecidas antes que volver a este Clube da Gula.
Iso si. Se non se coñece paga a pena coñecelo, en especial se andas de visita polo quarteirao Bombarda e aproveitas unha xornada de festa por inauguración de temporada artística.
Clube da Gula
Rua Professor Jaime Rios de Sousa 19
4050-309 Porto
Teléfono-Fax: 351 220 934 229
Móbil: 351 914 655 220
E-e: geral@clube-da-gula.pt
Web: www.club-da-gula.pt
Localización en Mapas de Google
GPS: 41º08’55”N  08º37’13”W
Guía BCBM: Mencionado