nado

De Iván Domínguez. Calella da Estacada 9, A Coruña. 981979477. Cociña de autor con DO atlántica e fondas raíces ancoradas no mar. Comedor moderno con cociña aberta. Menú longo 85€.

Tarxeta Restaurante NaDo

Segunda colaboración de Hugo e Carmen (ver primeira, a súa visita ao Abac de Jordi Cruz) nunha participación que promete continuidade.
En pouco máis de catro anos, Iván Dominguez deixou de ser unha sorpresa agradable para se converter nunha das realidades máis afianzadas no panorama gastronómico galego.
Tamén no nacional despois de abrir NaDo-Madrid.
E agora, ademais, a cociña estacional de Penaguda, taberna de verán en Sanxenxo.
A miña opinión persoal é que un mozo —non tan mozo—, que despois de 15 anos enrolado nas cociñas dun buque da Armada, é quen de deixar todo e volver a estudar no instituto (Fragas do Eume), merece todo o que se lle pode desexar a unha persoa afouta, coas ideas claras e ansia de apreder, decidida, con coraxe, digna do máximo respecto. O paso posterior por Marcelo, Loxe Mareiro ou Alborada non son máis que a lóxica recompensa á súa loable decisión de regresar ás aulas despois de quince anos de traballo entre fogóns para reforzar coa teoría toda a súa bagaxe práctica.

NaDo-Coruña é un local pequeno —máximo 15 comensais— cos espazos cociña e comedor indiferenciados. Decoración moderna moi sobria que resulta agradable e acolledora. Chama a atención o deseño das mesas a partir dunha estrutura base que permite xogar con táboas para adaptarse aos distintitos grupos de comensais.
Trato moi amigable no que destaca a presenza en moitos momentos dun Iván próximo, falengueiro e moi amigable.

Dous menús de degustación: o Arnela (benvida, aperitivos, 5 pases e 1 sobremesa) de 65 euros, e o Cunca (benvenida, aperitivos, 8 pases e 2 sobremesas.
A filosofía de NaDo queda clara na descrición que se fai na páxina de Iván Domínguez no sitio do Grupo Nove: cociña contemporánea, atlántica, atenta ás novas técnicas pero postas a disposición da despensa que ofrecen a terra e o mar en Galicia.
Cociña directa, sen artificios, chea de matices, que chega directa ao padal.

Menu Cunca do Restaurante Nado
Restaurante Nado Aperitivo
Folla de espirulina, anchoa e madreperla
Restaurante Nado Aperitivo
Restaurante Nado Aperitivo
Restaurante Nado Aperitivo
Restaurante Nado Aperitivo
Restaurante Nado Aperitivo

Aperitivos: Pemento vermello, Tomate, Feixón, Chalota, Coliflor

Restaurante Nado Mexillon figo e aptenia
Mexillón, figo e aptenia
Restaurante Nado Bonito cru tomate e capuchina
Bonito cru, tomate e capuchina
Restaurante Nado Lumbrigante e pataca sufle
Lumbrigante e pataca suflé
Restaurante Nado Cenoria á brasa
Cenoria á brasa
Restaurante Nado Ameixa babosa Codium cream
Ameixa babosa “Codium Cream”
Restaurante Nado Vieira e holandesa de ceboliña
Vieira e Holandesa de ceboliña
Restaurante Nado Robaliza espinaca mostaza e escabeche de capón
Robaliza, espinaca, mostaza e escabeche de capón
Restaurante Nado Codorniz e cogollo encurtido
Codorniz e gromo en vinagre
Restaurante Nado Pesego baga da paixon e tona agre
Pesego, baga da paixón e tona agre
Restaurante Nado Galmesano abela e millo
Galmesano, abelá e millo
Restaurante Nado O flan
O flan de NaDo
Restaurante Nado Petit Fours
Petit Fours

Menú moi completiño con protagonismo para o produto do mar. A terceira sobremesa, o flan, vén a maiores do menú; agradécese.
Un comentario: ingredientes que non me gustan ou non coñecía e me resultaron deliciosos.
Moitos destaques: a conxunción en boca de todos os compoñentes da segunda sobremesa (queixo, millo e abelá), o mollo verde —codium— das ameixas, a textura da vieira, o mexillón e o figo… En fin, encantados con toda a comida.

NaDo

Iván Domínguez

Calella da Estacada, 9
15002 A Coruña
+34 981 97 94 77
GPS:
nado.es
Facebook
Instagram
Cociña: creativa, mercado
Prezo: degustación 65/85€
Peche: domingo
Sol Repsol
Recomendado Michelín