moitos anos despois

A Chabola, na praia de Arealonga: un clásico da cociña do mar (peixes e mariscos). Agora, ademais, estanse especializando en arroces. Boa oferta de sobremesas. Seguen con prezos moi comedidos.

Restaurante A Chabola Arealonga 16

A Chabola comezou a súa andaina alá polo ano 1965 como taberna e, polo que vimos onte, chega ata os nosos días en plena forma. Lembro ir moito por alí nos finais dos oitenta e nos noventa; eran especiais as súas fritadas de peixes pequenos.

Algunhas reformas que non fixeron perder a súa esencia de local rústico no que destaca a pedra e as fotos e cadros nas paredes para lembrar ilustres usuarios da taberna (vexo un Laxeiro, un Pulido…). O espazo resulta agradable, en especial nas mesas próximas ás ventás que se abren á praia de Arealonga e á ría. Servizo especialmente esmerado e atento. Lista de viños acorde coa definición do local, sen grandes pretensións pero cun mínimo de viños para acompañar con dignidade os diversos pratos.
A carta vén sendo a de sempre con algunhas incorporacións axeitadas ao gosto do momento. Así, sempre imos ter unha sección de mariscos (ameixa babosa á mariñeira 16€, Lagostinos cocidos ou na prancha 11.5€, zamburiñas á prancha 12.5€… Ademais de mariscos maiores segundo tempada e mercado). Entrantes e pratos para compartir (as luras fritidas con ali-oli 8€, croquetas caseiras de xamón 8€, tixola de ovos con xamón ibérico 10€, polbo á feira ou na prancha con allo e pirixel 15,50€).  As especialidades (arroz con bogavante 19.75€ persoa, arroz caldoso de mariscos 18€ perosa, arroz ‘A Chabola’ –rodaballo, mexillóns, lagostinos e setas- 18.5€ persoa, cazola de peixe sapo negro e rodaballo con ameixas 19.5€, fideos con ameixas 16 €…). Peixes tradicionais (Lombo de bacallau na prancha 16€, Linguado 19€, peixe do pincho á romana prancha ou galega 15€…). Carnes (Faceiras de porco ibérico estufadas ao viño tinto 13€, picaña de boi fileteada 13.5€…).

Restaurante A Chabola Arealonga 07

Somos catro, bebemos Viña Costeira e auga, e comezamos, algo pouco habitual nun local das características de A Chabola, cun pincho delicadeza da casa: unha tortilla recheada sobre pan tostado no momento; marca o que vai ser a tónica da comida: cociña tradicional de garantías, sen sobresaltos, sen altibaixos, nun nivel medio moi recomendable.

Restaurante A Chabola Arealonga 08Restaurante A Chabola Arealonga 09

Entrantes: empanada de zamburiñas (das boas, masa moi fina e interior substancioso) e navallas na prancha.

Restaurante A Chabola Arealonga 10Restaurante A Chabola Arealonga 11

De prato, tres racións de arroz de carabineiro. Os arroces e pratos especiais prepáranse a partir de dúas persoas. En principio pensamos neste arroz para dous e o especial Chabola tamén para dous e logo compartir, pero é a propia rapaza que nos atende a que di que vai ser moito e recomenda pedir, para os catro, tres racións dun deles.
Boa recomendación; só cos carabineiros e ameixas; no seu punto, con moito sabor, foi secando ata pórse no punto ideal (sen pasarse).

Restaurante A Chabola Arealonga 12Restaurante A Chabola Arealonga 13Restaurante A Chabola Arealonga 14

Catro sobremesas (cañas, torta de queixo (2) e torta da avoa); ademais, e como hai dúbidas, tráennos unha ración de proba de torta de mazá (por conta da casa) para que probemos; en efecto, está especialmente boa; igual que as caniñas, a miña elección.

Tomamos dous cafés e pagamos 30€ por cabeza. Non me parece moito para o nivel da comida. Aposta segura a un prezo, como vedes, asequible.

A Chabola
Cacharela 38, Praia de Arealonga (Chapela)
36216 Vigo
986 453 148
GPS: 42.264287N,  8.677384O
www.achabola.com
Facebook
Cociña: tradicional, de mar
Peche: noites de luns, martes, mércores e domingo
Prezo: 25-35€