lola e lia

Lola e Lía. Camiño dos Muíños, 19, Vigo. 683559603. Almorzos, merendas e brunches; atractivo menú diario de 11.50€. Aire desenfadado nos diversos espazos interiores e exteriores. Oferta específica para celíacos.

Cociña caseira e con corazón.
Estivemos onte mércores e hoxe vemos que Lola e Lía entran na última sección da guía Repsol de locais de barrio. “Unha sorpresa no barrio de Comesaña, a un paso da praia de Samil. Almorzos, brunches e merendas nun espazo moi agradábel para nenos e maiores”.
A carta xoga cunha ampla oferta de pequenas delicatesen que podes combinar ao teu gusto para montar un almorzo tradicional, un bruch, unha merenda, ou un simple petisco a calquera hora do día.

Bowls. Açai bowl: arandos, framboesa, muesli e chips de coco (4.50€). Bowl grego: iogur grego natural artesanal galego Kalekoi, plátano, crema de cacahuete e copos de avea (4.40€). Swett bowl: iogur grego natural artesanal galego Kalekoi sobre Campurrianas, Kit-Kat, Oreo e Nutella (5.10€). Fruit bowl: amorodo, plátano, kiwi e arandos.
Tostas. Pan a elixir: multicereal, molete ou integral 100% sen glute. Aceite (2€), Tomate e xamón (2.90€), Tomate, aguacate e ovos revoltos (4.20€), Queixo crema, peituga de pavo e pipas de cabaza (3.20€), Nutella, plátano e amorodos (3.60€), Brioch Nut&Honey: pan brioch, queixo crema, noces, mel e sementes de chía (3.90€)
Salgados. Bagel de salmón afumado, queixo crema e carúncula (4.40€). Ovos beneditinos con xamón (5.30€), Pulgón vexetal (1.80€), Pulgón xamón e tomate (1.80€). Tortiñas con salsa tártara, salmón afumado e redución de crema balsámica (5.30€).
Doces. Croissant con manteiga (1.60€). Croissant integral de avea (1.70€). Mega Donut azucre (1.90€). Torta (Oreo, Red Velvet, Carrot cake, porción 3.50€). Chocolate. Churro. Muffins. Loli Dots. French toast cheescake (tosta francesa brioch con cremoso de grego, granula, arandos, amorodos e xeado de cheescake, 5.20€).
Gofres. Nutella, Nutella e nata, Plátano e doce de leite (arredor dos 3.5€).
Tortiñas (entre 3.50 e 5.50€). De Nutella, galleta Oreo e xeado de vainilla; confeite cremoso de arandos, froitas do bosque e xeado de cítricos; Crema de cacahuete, fresas, plátano e sementes de sésamo; Ferrero, fresas, nata e bombón Ferrero.
Sen Glute. Cheescake de fresa (3€). Brownie de chocolate (1.70€). Biscoito de limón (1.70€). Muffins (froitos vermellos, chocolate, limón e clásico 2.10€). Tiramisú sen glute e sen lactosa (3€). Coulant de chocolate con xeado de vainilla (3.60€). Ademais, hai pratos da carta xeral sen glute e adaptan outros que si levan glute.
Zumes, Kombucha, Smoothies, Batidos, Cafés, Infusións…

E, claro, ao mediodía, un solicitado menú para o que determinados día hai que reservar con tempo.

Bagel de ovo revolto con xamón
Espaguete Carbonara
Cordón Bleue de polo

De primeiros, hai o bajel de ovos revoltos con xamón ou mellixóns en vinagreta. Os dous tiramos polo bocata de pan polaco recheado con ovos revoltos e xamón; un toque de salsa rosa que lle acae moi ben. Gustounos moito e é unha ración abundante.
De segundos, un de cada: pasta carbonara e cordón bleue de polo. En ambos casos, cantidades, calidades e cociñados moito máis que decentes para o prezo do menú.

Respecto ás sobremesas, ben o xeado caseiro e espectaculares as tortiñas de Nutella e Oreo.

Co café confirmamos que este Lola&Lía ten un toque especial; xa case non se atopan establecementos que personalicen os seus saquiños de azucre; en tempos, era práctica habitual e había todo un mundo de coleccionismo que perseguía os papeis de azucre co nome do bar. Poida que sexa algo de nostalxia, pero a min gústame ir a estes locais.

Polos menús completos, con copa de viño tinto e caña, e incluído o café, pagamos os 11.50 euros anunciados. Prezo moi atractivo para un menú que busca ir un chisco máis alá. Recomendábel. Aplaudo a oferta sen glute desde a propia carta xeral; paréceme unha das máis atractivas de Vigo para poder disfrutar dunha das eivas máis estendidas no mundo das persoas con celiaquía: o doce.

Lola e Lía

Camiño dos Muíños, 19
36213 Vigo (Pontevedra)
683 55 96 03
GPS: 42.20024N, 8.763242O
Facebook
Instagram
Cociña: doce, informal
Prezo: menú do día 11.50€
Peche: luns; domingo noite.