Javier Montero, As Barreiras 18, Estrada Villaselán, 27700 Ribadeo, 982639600. Consolidado como un dos mellores restaurantes de Mariña; texturas e sabores galegos con pinceladas de fusión. Menú degustación 64 euros.

De novo Carmen e Hugo actúan de embaixadores de Como, logo existo para visitar o proxecto persoal de Javier Montero en Ribadeo.
Despois do período de formación en Lamas de Abade, Javier Montero pasou por varias das mellores cociñas de España (Santi Santamaría) e tamén de Galicia (Toñi Vicente, Marcelo) para comezar un período de proxectos persoais que culmina con este hotel-restaurante en Ribadeo.
Con capacidade para sesenta comensais e cociña á vista, o cormedor é moderno e agradable; servizo correcto sen grandes espaventos. Cociña de produto, galega tradicional actualizada, con toques chegados de fóra con iso que vén en chamarse fusión.
Domingo de outubro ao mediodía e o comedor está practicamente cheo (arredor dos 60 comensais de capacidade); destaca a presenza de grupos familiares con nenos de curta idade (pouco habitual en locais coa cociña na liña de Javier Montero)
Carta. Para compartir. Carpaccio de gambón, mango, améndoa e aove (18€), Chipirón de potera con cremoso de coliflor e espinacas (18€), Steak tartar de entrecosto de vaca con croissant de manteiga, salsa de mostaza e queixo Galmesano (24€)
Segundos pratos. Ravioli de gambas e zamburiñas con salsa americana i escuma de queixo San Simón (24€). Magret de parrulo, castañas e salsa Perigord (25€). Taco de vaca madurado, champiñóns, pesto e pataca puente nuevo (28€).
Sobremesas. Arroz con leite caramelizado, arandos e o seu xeado (7€). Milfollas de queixo mascarpone e tofe (8€). Torrada de pan brioche e xeado de café (8€).
Optan polo menú de degustación: tres aperitivos, tres entrantes, peixe, carne, pre-sobremesa, sobremesa, petit fours: 64 euros.













Boa impresión global. O menú resulta equilibrado tanto en cantidades como en ingredientes, técnicas e composicións; o nivel medio é alto, uniforme, sen altibaixos, non hai un bocado que destaque por riba dos demais…, pero tampouco ningún que haxa que condenar. Se acaso, o que menos convenceu foi o salmón, un chisco plano; pola contra, a forza sinxela da crema de calabaza, o figo con berenxena e escuma de san Simón, ou o rabo de touro con toda a complexidade dos acompañantes. Chama a atención a repetición dalgunhas texturas (cremas-purés) e salsas (alladas).
O prezo de 64€ por persoa resulta equilibrado para un menú de degustación deste nivel.
A opinión final é que se trata dun local moito máis que recomendábel se andas pola zona.
Texturas galegas
Javier Montero
- As Barreiras 18, Estrada Villaselán
- 27700 Ribadeo (Lugo)
- 982 63 96 00
- GPS: 43.542503N, 7.040761O
- texturasgalegas.es
- Cociña: tradicional actualizada
- Prezo: degustación 64€
- Peche: luns; noites de domingo, martes, mércores e xoves
- Prato Michelín
- Número 1 en Ribadeo TripAdvisor