helmut newton

Exposición de fotografías de Helmut Newton (Berlín 1920, Los Ángeles 2004). Organiza: Fundación Marta Ortega. Lugar: Molle de Batería s/n, A Coruña. Datas: 18 novembro 2023 a 01 maio 2024.

Expo Newton Destacada

Para presentar o que é a exposición sobre Helmut Newton, e para manter a liña dunha exposición visual baseada na fotografía, opto por incluír unha serie de capturas de pantalla da web oficial da exposición: helmutnewtonfact&fiction

Expo Newton Info Web
Expo Newton Info Web
Expo Newton Info Web
Expo Newton Info Web

No tocante á exposición, semella unha moi boa selección de fotografías para describir o mundo artístico de Helmut Newton. Podemos ver unha representación moi consistente dos diferentes mundos de Helmut Newton cunha cámara entre as mans. Newton nunca se considerou un artista senón un fotógrafo, e a montaxe, lonxe de estereotipos e efectismos fáciles, destaca a propia visión do fotógrafo utilizando os tamaños orixinais das fotografías e percorrendo todos os seus mundos.
A selección que vén a continuación, sen pretender ser representativa e moito menos exhaustiva, é miña. A maioría das imaxes non deixan indiferente ao observador; estas, tampouco. Pero son a miña elección.

Expo Newton Moda
A moda
Expo Newton Retrato
O retrato
Expo Newton Natureza Morta
Natureza viva-morta
Expo Newton Recreación
A recreación
Expo Newton Tacón
O detalle
Expo Newton transgresion
Un mundo propio

E todo, nunha montaxe exquisita que nos leva da man a profundar no traballo deste magnífico fotógrafo.

Expo Newton Vista xeral
As salas

Mención á parte merece o espazo expositivo do Molle de Batería que, ano a ano, vai matizando a súa configuración.
Deseñado por Elsa Urquijo arquitectas, naceu e evolucionou cun claro trasfondo industrial que se apoiaba e reforzaba o entorno do porto de A Coruña; a rehabilitación do vello silo de cemento para café e tenda, e a utilización dos contenedores reciclados eran o seu punto forte.

Espazo Expo Porto Coruña

Na evolución, e dentro dese traxecto de transformación con cada exposición, este ano deu un xiro moi, moi significativo. Desaparecen os contenedores e no seu lugar, na parte de acceso á exposición en si, aparecen dúas estruturas xeométricas subliñadas pola superficie líquida do estanque, que fai de espello e de contrapunto horizontal á altura dos bloques; nun estilo, diría, claramente influenciado por Siza, a montaxe antóllaseme impecable; as formas e os reflexos gústanme, a contrapunto das novas liñas rectas coas curvas do silo produce un efectismo visual atractivo e agradable; o conxunto resulta moi fotoxénico.
O espazo gaña en forza, en teatralidade, en monumentalidade, en arquitectura; pero, desde o meu punto de vista profano, perde autenticidade, renuncia a aquel carácter propio e a aquel magnífico diálogo que mantiña co entorno. Cuestión de opinións.

Espazo Expo Porto Coruña
Espazo Expo Porto Coruña