A raíz da visita a Oficina do pasado xoves, atopamos a Guia de restaurantes de Porto 2019 do TimeOut e aproveitamos para actualizar a nosa lista de restaurantes da Invicta.

A guía ofrece unha selección dos 50 mellores restaurantes de Porto (segundo os críticos do propio TimeOut), clasificados por prezos, zonas e tipo de cociña.

Na lista non faltan os locais que coinciden coa Guia de Tascas e Petiscos do Expresso. Pois iso, tascas de sempre con comida tradicional a prezos que ás veces ata case dan vergoña. Son, por exemplo,
Adega São Nicolau. Ribeira, até 30€, tradicional.
Rua de São Nicolau 1, 22 200 8332. Facebook
Horario de luns a sábado entre as 12 e as 23 horas
Casa Nanda. Baixa, até 30€, tradicional.
Rua da Alegria 394, 22 537 0575
Horario de martes a sábado 12-15 e 19-22; domingo 12-15h
Taberna Santo António. Baixa, até 20€, tradicional
Rua das Virtudes 32, 22 205 5306. Facebook
Horario de martes a domingo de 11 a 23 horas
Última visita de Como, logo existo

Están, por suposto, os locais con estrelas.
The Yeatman. (Ricardo Costa) VN de Gaia, máis de 50€, autor. (2 estrelas Michelín)
Rua do Choupelo (VN de Gaia), 22 013 3100. Facebook
Horario de luns a domingo entre as 19.30 e as 22 horas
Última visita de Como, logo existo
Pedro Lemos. Foz, máis de 50, autor. (1 estrela Michelín)
Rua Padre Luis Cabral 974, 22 011 5986. Facebook
Horario de martes a sábado entre 12.30-14.30 e 19.30-23 horas
Última visita de Como, logo existo
Antiqvvm. (Vitor Matos) Baixa, máis de 50, autor. (1 estrela Michelín)
Rua de Entre Quintas 220. 22 600 0445. Facebook
Abre de martes a sábado de 12.30 a 15h e de 19.30-22h. Domingo só mediodía
Última visita de Como, logo existo
Casa de Chà da Boa Nova (Rui Paula) Leça de Palmeira, máis de 50, autor (1 estrela)
Avenida da Liberdade 1681 (Leça). 22 994 0066. Facebook
Horario de martes a sábado entre 12.30-15 e 19.30-23 horas
Última visita de Como, Logo existo

No extremo contrario e para demostrar que non hai que romper o peto para facer unha boa comida en Porto, logran coarse unha boa representación de locais nos que comer por menos de 20 euros. Aí van algúns (xa clásicos).
A Capoeira. Foz, menos de 20€, tradicional.
Esplanada do Castelo 63. 22 618 1589. Facebook
Horario: de luns a sábado entre 12.30 e 14.30 e de 20 a 23 horas.
Antunes. Baixa, até 20€, tradicional.
Rua do Bonjardim 525. 22 205 2406
Horario: de luns a sábado de 12 a 15 e de 19 a 22 horas
O Buraco. Baixa, menos de 20€, tradicional.
Rua do Bolhão 95. 22 200 6717. Facebook
Horario: de luns a venres de 12 a 15 e de 19 a 22 horas. Sábado só a mediodía
O Rápido. Baixa, até 20€, tradicional.
Rua da Madeira 194. 22 205 4847. Facebook
Horario: domingo a xoves 12-15, 19.30-22h; venres e sábado 12-15 e 20-23 horas.

Están os clásicos de (case) toda a vida que, co paso dos anos, non só logran manter o tipo senón que conseguen competir, e mesmo superar, á maioría das novidades que van aparecendo.
Cafeína. (Camilo Jaña) Foz, até 40€, autor.
Rua do Padrão 100. 22 610 8059. Facebook
Horario: domingo-xoves 12.30-16 e 19.30-00.30h; venres e sábado noite até 1.30
O Paparico. (Jonathan Seiller´s) Zona oriental, máis de 50€, autor.
Rúa Costa Cabral 2343. 22 540 0548. Facebook
Horario: de martes a sábado de 19.30 a 23 horas
Portucale. Zona oriental, até 50€, internacional.
Rua da Alegria 598. 22 537 0717. Facebook
Horario: de luns a domingo, de 12.30 a 14.30 e de 19.30 a 23 horas.

Algúns intermedios, que se puxeron de moda e, sen tanta historia como os anteriores, consolidan a traxectoria e seguen no candeeiro.
Palco. (Arnaldo Azevedo) Baixa, máis de 50€, autor.
Rua Sá da Bandeira 84. 22 040 9620. Facebook
Horario: domingo a xoves, 12.30-15h e 19.30-22; venres e sábado até 22.30
Última visita de Como, logo existo
Cantina 32. (Luís Américo). Baixa, até 30€, petiscos
Rua das Flores 32. 22 203 9069. Facebook
Horario: luns a xoves de 12.30-15 e 18.30-23h. venres e sábado noite até 23.30
Última visita de Como, logo existo.
Euskalduna Studio (Vasco Coelho). Zona oriental, máis de 50€, autor.
Rua de Santo Ildefonso 404. 93 533 5301. Facebook
Horario: de martes a sábado, de 19 a 23 horas.
Brick Clérigos. Baixa, até 20€, saudável
Rua Campo dos Mártires da Pátria 103. 22 323 4735. Facebook
Horario: martes a venres, 12-16 horas; 19.30-23. Sábado, 12-16 e 20-23 horas

Os italianos…
Antonio Mezzero. Matosinhos, até 30€, italiana.
Avenida Menéres 390, Matosinhos. 22 938 2806. Facebook
Horario: martes a sábado de 12 a 14.30 h e 19 a 22.30; domingo 19 a 22.30h.
Casa D’Oro. Marginal, até 30€, italiana.
Rua do Ouro 797. 22 610 6012
Horario: luns-xoves de 12.30 a 15 e de 19.30 a 23.30 h; venres-sábado 12.30-23 h.
Puro 4050 (Luís Américo). Baixa, até 30€, italiana
Largo de São Domingos 84. 22 201 1852. Facebook
Horario: martes a xoves 12.30-15 h e 18.30-23 h; venres e sábado, noite até 23.30
Indiano…
PortuGandhi. (Atul Parbudas). Baixa, até 30€, indiana
Rua do Bonjardim 1143. 22 332 2554. Facebook
Horario: martes a xoves 12-15 h; 19-22.30; venres e sábado pola noite até 00 h.
Orientais…
RO (João Pupo Lameiras e Francisco Bonneville). Baixa, até 20€, oriental
Rua Ramalho Ortigão 61. 22 200 8297. Facebook
Horario: domingo a xoves: 12-23 h; venres e sábado, 12-00 horas.
Shiko (Ruy Leão). Baixa, até 30€, xaponesa.
Rua do Sol 238. 22 3239671. Facebook
Horario: martes-sábado, 12.30 a 15 h e 19.30 a 23 horas.
Whish Restaurante & Sushi (António Vieira). Foz, até 40€, oriental.
Largo da Igreja da Foz 105. 91 237 5313. Facebook
Horario: domingo a xoves, 12-00 h; venres e sábado, 12-01 horas.
Arxentino…
Belos Aires. Baixa, até 40€, arxentina.
Rua de Belomonte 104. 22 319 5661. Facebook
Horario: martes-xoves, 19-24h; venres e sábado 12.30-15.30 e 19-00 horas.

E, xa por fin, as novidades de 2018, o que se di último do último.
Son moitas e a maioría en vía clara de consolidación. Muu (Baixa, máis de 50, carnes), Ikeda (Campo Alegre, até 50, oriental), Il Pizzaiolo (Baixa, até 20, italiana), ou a Typographia Progreso de Luís Américo (Baixa, até 40, internacional).
Pero, sen perder de vista os anteriores, disque hai tres novidades que están a destacar un pocuco por riba da media.
Almeja (João Cura). Baixa, máis de 50€, autor.
Rua Fernandes Tomás 819. 22 203 8120. Facebook
Horario: martes a sábado de 12.30 a 15.30 e de 19.30 a 23 horas.
Mito (Pedro Braga). Baixa, até 40€, autor.
Rua José Falcão 183. 22 208 1059. Facebook
Horario: Luns-xoves 12.30-15 e 19.30-23h; venres 12-15 e 19.30-01; sábado 19-01
Pedro Limão. Zona oriental, até 50, autor.
Rua do Morgado de Mateus 49. 96 645 4599. Facebook
Horario: martes a sábado, de 19.30-00 horas.