guía restaurantes galicia

Un ano máis, fieis á nosa cita, realizamos o noso particular estudo sobre a presenza dos restaurantes galegos en distintas guías gastronómicas. A guía CL,E 2023 resulta da ponderación deses resultados.

Guia C,LE 2023

A estas alturas xa non cómpre xustificación ningunha sobre a selección de fontes e si unha descrición dos criterios utilizados.

Aquí podedes ver os diferentes listados coas fichas correspondentes dos restaurantes destacados.

Así, as guías consultadas e os aspectos valorados son:

  • Guía Repsol 2023.
    • 3 soles 10 puntos
    • 2 soles 8 puntos
    • 1 sol 5 puntos
    • Establecimientos recomendados 3 puntos
    • Soletes Repsol 1 punto
  • Guía Michelín 2022
    • 2 estrelas 10 puntos
    • 1 estrela 7 puntos
    • BG 4 puntos
    • Establecimientos recomendados 3 puntos
  • TripAdvisor marzo 2023 (valoración por provincias)
    • Os 15 restaurantes mellor valorados de cada unha das catro provincia 3 puntos
    • Entre o 16 e o 30, 2 puntos
    • Entre os postos 30 e 50, 1 punto
  • Por primeira vez incluímos os restaurantes galegos mencionados por Jorge Guitián durante os tres últimos anos nos seus artigos da revista Traveler
    • Restaurantes mencionados, 3 puntos
  • Valoramos, tamén, por primeiro ano, a selección realizada pola revista Tapas: Guía Tapas para comerse e beberse España 2022-23.
    • Restaurantes presentes na guía 3 puntos
  • E a terceira novidade é a presenza de restaurantes sen glutem. Destacamos os restaurantes galegos da lista “A hostelería cos celíacos”, un listado de establecementos que asinaron o compromiso de colaboración coa Asociación de Celíacos de Galicia para facilitar a vida das persoas celíacas.
    • Restaurantes aptos para celíacos, 3 puntos
  • En Como, logo existo realizamos este estudo nos anos 2012, 2016 e 2021. Opinamos que a regularidade, o feito de facer méritos para manterse na elite da restauración tamén é un elemento a valorar, así que outorgamos un punto extra por cada ano de aparición nos tres listados anteriores.
  • E, xa para rematar, á puntuación final resulta de sumar ao total anterior un punto máis por cada unha das aparicións nas distintas guías consultadas (Repsol, Michelín, TripAdvisor, Jorge Guitián, Tapas e Celíacos de Galicia).

Segundo o baremo anterior, a máxima puntuación posible é de 41 puntos (Repsol 10, Michelín 10, TripAdvisor 3, Tapas 3, Jorge Guitián 3, Presenza histórica 3, Sen Glutem 3 e presenza en guías 6).
Unha vez adxudicada a puntuación correspondente a cada restaurante procedemos á súa ordenación tendo en conta que:

  • Para entrar no listado de Restaurantes C,LE 2023 hai que ter presenza, cando menos, en dúas das guías consultadas.
    • A presenza histórica e o SG non contabilizan para este criterio.
  • No caso de igualdade de puntos, o empate rómpese cos seguintes criterios:
    • En primeiro lugar polo maior número de presenzas en diferentes guías.
    • En segundo lugar, restaurantes SG.
    • E, en terceiro lugar, en caso de igualdade nos anteriores, maior presenza histórica.

Nos seguintes capítulos presentamos a Guía C,LE dos Mellores restaurantes de Galicia 2023 divididos en catro páxinas: