fotografía, arte urbana e arquitectura

Excursión polo noroeste e norte. O Parador da Costa da Morte en Muxía. As incribles Meninas de Canido en Ferrol. A Exposición de fotografías de Peter Lindbergh en A Coruña.

En resumo, Arte, arte da boa.
O máis rendible a nivel gastronómico foron as comidas en A Casa da Crega (Caldebarcos) e en Campos (Lugo), ás que lles dedico as súas propias entradas.

Parador Costa da Morte 39   Parador Costa da Morte 2

Primeira noite no Parador da Costa da Morte, Muxía, Alfonso Penela, 2011-2019.
Fóra polémicas sobre a súa orixe como ‘compensación’ de J.M. Aznar a Galicia pola xestión do desastre do Prestige (Nunca Máis!), ou sobre a resolución do concurso público de proxectos para a súa construción, o Parador de Muxía paréceme unha boa obra de arquitectura.
Destacaría, para empezar, a súa localización. Na enseada de Lourido, na ladeira oeste da cuncha, orientado ao nordés, ofrece unha experiencia natural impresionante. Está ao pé do camiño dos faros.
Un segundo aspecto é o seu deseño en cascada con predominio para as liñas horizontais, e no que, a partir dos edificios principais, os andares dos cuartos van caendo cara ao mar cubertos de vexetación; un moi interesante exemplo de integración e mimetismo co entorno que se acentúa aínda máis cando caemos na conta de que os materiais e tons imitan a arquitectura tradicional galega.

Parador Costa da Morte 112   Parador Costa da Morte 47
Parador Costa da Morte 59   Parador Costa da Morte 62

Espazos amplos e luminosos, decoración exquisita, coidada ata o mínimo detalle nunha clara tendencia actual na que prima o minimalismo apoiado en materiais nobres: a pedra e a madeira.
Destaque especial para a decoración a base de obras de arte galegas.

Merecida mención para a impresionante fotografía de Xurxo Lobato na que un mar negro está a piques de devorar a sinistra proa do petroleiro.
O Parador da Costa da Morte é, imaxino, a obra coa que todo arquitecto debe soñar. Obra pública sen límite de presuposto (ou cun presuposto estratosférico), para deseñar de principio a fin un hotel que pretende ser icónico na zona.
Desde o punto de vista da estética, é unha obra importante, que paga a pena visitar, feita con sentido e gusto.
Se falo como hóspede, ás veces sentín como se por momentos primase o deseño fronte á funcionalidade.

Segundo día, Ferrol, barrio de Canido, As Meninas.
Fixen non menos de dúas centas fotografías nun breve espazo de apenas catro pequenas rúas. E non foron máis porque, sen nos decatar, o tempo botouse enriba e nos quedamos sen luz.

Meninas Canido 32  Meninas Canido 43  Meninas Canido 61  Meninas Canido 138

Meninas, meninas, meninas… Cubistas, futuristas, realistas, abstractas, feministas, provocativas, irrecoñecibles, irreverentes, loitadoras, fermosas, emotivas…

Meninas Canido 87  Meninas Canido 88  Meninas Canido 131  Meninas Canido 173

A selección non responde a ningún criterio. Son unha mínima parte. Se acaso, un pouco de variedade.

Meninas Canido 79  Meninas Canido 156  Meninas Canido 195  Meninas Canido 202

Todo comezou cun chalado que levou polo mundo adiante ao seu Makako proclamando que Ferrol Mola. A foto de abaixo á esquerda é do domingo en Canido, a da dereita, de 2017 en Bombarda, Porto.

Meninas Canido 182   Arte Urbana en M Bombarda 12  Meninas Canido 71

Eduardo Hermida, artista urbano, colleu a remuda e comezou a pintar o seu barrio, Canido, o máis golpeado da cidade máis golpeada polas sucesivas reconversións, con grafitis inspirados no cadro As Meninas de Velázquez.

Meninas Canido 98  Meninas Canido 122

Empezou coa súa filla e pronto empezaron a sumarse artistas e afeccionados do propio barrio. A partir de aí, e como por arte (de maxia) a colaboración de artistas urbanos de todo o mundo, as edicións anuais, as subvencións, e un proxecto que non ten equivalente en todo o mundo, que marca un fito na historia do grafiti e devolve a Ferrol o seu lugar no mapa.

Terceiro día, A Coruña, Exposición de fotografías de Peter Lindenberg. Unlod Stories. Historias incontadas, ou non contadas, ou sen contar, ou tal vez por contar.

Peter Lindberg 2021 15

Forma parte das exposicións destacadas, a nivel mundial, deste 2021.
Un proxecto cultural só accesible a unha persoa na que coincidan un interese teimudo por traer a exposición á súa cidade natal, e os cartos necesarios para facelo.
Marta Ortega.
Un investimento faraónico que hai que agradecer.
A fotografía é unha especie de irmá menor das artes, da cultura. Non é doado visitar exposicións dedicadas integramente a un fotógrafo, aínda menos a un fotógrafo da talla mundial de Peter Lindbergh.
E con entrada gratuíta.

Peter Lindberg 2021 37   Peter Lindberg 2021 43

A ocasión esixía un esmero especial á hora de facer fotografías da exposición.
Non tanto das imaxes de Peter Lindbergh como da montaxe da exposición, coidada ata o máis mínimo detalle.

Peter Lindberg 2021 99   Peter Lindberg 2021 87
Peter Lindberg 2021 92   Peter Lindberg 2021 100
Peter Lindberg 2021 532   Peter Lindberg 2021 133

En todo momento tentei respectar o estilo. O branco e negro, procurar a expresión, naturalidade, contrastes, por momentos abusar do gran…

Peter Lindberg 2021 572   Peter Lindberg 2021 114
Peter Lindberg 2021 122

Aínda que se hai que usar a cor, hai que facelo con todas as consecuencias, como na impactante sala ‘Testamento’, na que se presentan diferentes retratos dun home condenado a morte e un vídeo do seu rostro.

Peter Lindberg 2021 80    Peter Lindberg 2021 78
Peter Lindberg 2021 742

E, de propina, outro grafiti: o xa famoso Xulio César de Lugo, de Diego As, recoñecido por Street Art Cities como unha das obras do mes de agosto a nivel mundial.
E o cemiterio municipal de Cores, en Dumbría, da arquitecta Rosana Pichel (2013); rompe con todo precedente neste tipo de construcións. As lápidas, en múltiples cores, evocan o mundo xeométrico de fase abstracta de Mondrian.

Cemiterio Dumbria 22
Julio César Lugo 3