estrelas michelín 2019 galiza e norte de portugal

Unha estrea para Galiza, A Tafona de Santiago, e ningunha perda. Dúas estrelas para o norte de Portugal: G (na Pousada de Bragança) e A Cozinha de António Loureiro (Guimarães).

EstrelaMichelin

Cando visitamos por última vez A Tafona de Lucía Freitas, novembro de 2017, titulaba o post ‘Aposta decidida por un lugar na elite’. Tempo despois, xullo deste ano, e a raíz dunha comida en Manso, escribía Próxima estrela Michelín en Compostela?, na que, sen desmerecer a Alberto Lareo, e ante diversas opinións que circulaban pola rede, eu apostaba claramente pola Tafona como posible incorporación ao máis alto da Vermella.

LuciaFreitas
Lucía Freitas (Web de Os Nove)

Non, non se trata adiviñación, premonición ou visión supraterrenal.
Estaba cantado. Despois das reformas (do espazo e a carta, que non da cociña), se alguén en Galicia merecía a estrela era Lucía Freitas.
Por certo. Galiza non perde estrela; no caso de Alborada foi por peche do restaurante no pasado outono, non por demérito.
Estivemos en Alborada de 2011 e despois do tempo sigo considerando que foi unha das comidas máis redondas do noso devir gastronómico.

  • As outras estrelas Michelín en Galicia:
    • Árbore da Veira (Luís Veira / A Coruña)
    • As Garzas (Fernando Agrasar / Malpica, A Coruña)
    • Casa Marcelo (Marcelo Tejedor / Santiago, A Coruña)
    • Casa Solla (Pepe Solla / Poio, Pontevedra)
    • Culler de pau (Javier Olleros / O Grove, Pontevedra)
    • Maruja Limón (Rafa Centeno e Inés Abril / Vigo, Pontevedra)
    • Nova (Ourense)
    • O retiro da costiña (Manuel Costiña / Santa Comba, A Coruña)
    • Pepe Vieira (Pepe Vieira / Poio, Pontevedra)
    • Yayo Daporta (Yayo Daporta / Cambados, Pontevedra)

ACozinha GPousada

Cuestión á parte é o norte de Portugal.
Aquí si que as noticias son magníficas.
En primeiro lugar porque, para un país e unha zona xeográfica especialmente esquecidas, dúas estrelas de golpe nunha soa edición, é un avance máis que significativo. E, sobre todo e en segundo lugar, porque as incorporacións marcan unha tendencia clara en forma de ruptura: xa non existe unicamente a historia do de sempre (Largo do Paço) ou do Porto, a gran urbe do norte. Non, aí están Guimarães e, moi especialmente, Tràs-os-Montes que, por fin, asoma no mapa.
Tanto G como A cozinha de António Loureiro levan tempo na miña axenda. De feito, no caso de A cozinha, xa o tentamos nun par de ocasións, pero, algo terá!, sempre estaba completo (foi cando acabamos no Histórico).
O de G Pousada vén de Os Geadas, un histórico de Bragança no que comimos hai moitos, moitísimos anos.  António e Óscar Gonçalvez, fillos dos fundadores dos Geadas,  son os artífices desta milagre na Pousada de Bragança.

  • As outras estrelas Michelín no norte de Portugal:
    • The Yeatman (Ricardo Costa / VN de Gaia, Dúas estrelas)
    • Antiqvvm (Vitor Matos / Porto)
    • Casa de Cha da Boa Nova (Rui Paula / Leça de Palmeira)
    • Largo do Paço (Tiago Bonito / Amarante)
    • Pedro Lemos (Pedro Lemos / Porto)

A Tafona casa de xantar
Lucía Freitas

Virxe da Cerca 7
15703 Santiago de Compostela
A Coruña
981 562 314
Web
Facebook
GPS: 40.880538N,  8.539705O
Cociña: Mercado
Prezo: Menú 40, 60. Carta arredor de 55€
Peche: domingo noite; luns; martes noite inverno; domingo verán.
Guía Repsol: Recomendado
Michelín: Estrela

G Pousada
Óscar Gonçalves

Estrada do Turismo s/n
5300-271, Bragança
351 273 331 493
www.gpousada.com
Facebook
GPS: 41.802814N  6.754121O
Cociña: tradicional, creativa
Prezo: 40-60€
Peche: só serve ceas
Estrela Michelín

A Cozinha
António Loureiro

Largo do Serralho 4
4800-472 Guimarães
351 253 534 022
restauranteacozinha.pt
Facebook
GPS: 41.443010N  8.294180O
Cociña: tradicional, creativa
Prezo: menú Estação e menú Tradição 45€. Menú Momentos 70€
Peche: domingo; luns mediodía
Estrela Michelín