dorothea lange

Exposición L’Altra America, fotografías de Dorothea Lange (New Jersey 1895, San Francisco 1965). Museo Civico de Bassano di Grappa. 27 de outubro de 2023 a 4 de febreiro de 2024.

Dorothea Lange Bassano Cartel

Bassano di Grappa é unha vila medieval do Veneto, aos pés dos Alpes, na provincia de Vicenza. Fóra das grandes rutas turísticas, posúe un rico patrimonio cultural no que destaca a Ponte dos Alpini. Sen ser excesivamente grande (a área urbana apenas pasa dos cincuenta mil habitantes) a súa área de influenza converten a Bassano nun importante centro económico, comercial e cultural. Pasamos unha xornada moi agradable que, inesperadamente, se completou coa visita a exposición de Dorothea Lange.

Dorothea Lange ten un bo puño das fotografías máis icónicas da historia. Pouca xente haberá, afeccionados ou non, que non teña gravada na pupila a súa mítica Madre migrante(Migrant Mother, 1936). A exposición A outra América recolle fotografías da década dos 30 e dos 40 do pasado século. A maioría pertencen a dúas das series que levaron á fotógrafa ao máis alto da fotografía documental; a primeira, o percorrido de cinco anos por California e o Medio Oeste retratando ‘a outra América’; a miseria, a explotación, o racismo, a vulnerabilidade dos máis desfavorecidos, os migrantes, os negros, os parceiros… A segunda serie é a documentación da deportación de cidadáns americanos de orixe xaponés a campos de concentración despois do ataque a Pearl Harbor

Dorothea Lange Madre migrante
Madre migrante, 1936
Dorothea Lange Madre migrante adaptación

Na exposición resultan especialmente ilustrativas as adaptacións dalgunhas das fotografías ao sistema ‘visión táctil’ que permite ás persoas con minusvalías visuais achegarse ao fascinante mundo da fotografía. O exercicio de ‘apalpar’ as fotos ou o de estudar o feito de transformar imaxes en texturas, para min descoñecido ata esta ocasión, é unha experiencia extraordinariamente enriquecedora para todas aquelas persoas ás que nos interesa ver fotografía e, en especial, facer fotografía.

Dorothea Lange con Paul Schuster
Dorothea Lange con Paul Schuster, 1930
Dorothea Lange con Paul Schuster Vision Tactil
Dorothea Lange En dirección a LA
Dorothea Lange En dirección a LA, 1937
Dorothea Lange En dirección a LA Visión Táctil
Dorothea Lange Recolector de algodón migrante
Dorothea Lange Recolector de algodón migrante, 1940
Dorothea Lange Recolector de algodón migrante Vision Tactil
Dorothea Lange I am an american
Dorothea Lange I am an american, 1942
Dorothea Lange I am an american Visión Táctil
Dorothea Lange Centro de transferencia de Manzanar
Dorothea Lange Centro de transferencia de Manzanar, 1942
Dorothea Lange Centro de transferencia de Manzanar Vision Tactil
Dorothea Lange Woodland, Yolo County, Calif.
Dorothea Lange Woodland, Yolo County, Calif., 1942