de voda no alameda XXI

O restaurante Alameda XXI responde en todo ás cinco estrelas do hotel no que está integrado, o Nagari, en Vigo. Menú, cociña, servizo, atención, presentación, comodidades… Todo é de dez.

DSC_1647

Non se reservou como voda, pero tratábase de voda.
Non era menú de voda, pero si os complementos (bebidas, cafés, copas…) de voda.
Menú pechado con anterioridade que constaba de entrantes (Empanada de zamburiñas, Tempura de lagostinos con mahonesa de soia, Timbal de polbo con pataca rota aliñada e pemento da Vera); prato principal (a elixir entre o Arroz meloso de bogavante azul con ameixas ou a Terrina de cordeiro de leite asado con provenzal de verduras e pataca). A sobremesa tamén con dúas opcións, o Coulant de chocolate negro ou a Milfollas de vainilla. Menú especial para os cativos (croquetas, peituga con patacas fritas e xeados) e entrante e sobremesa especiais para celíaca. Á parte dun cento de Pepsis sen, de cervexas con e sen alcol e augas, branco albariño As Laxas, e Cillar de Silos (Rioxa)… Por riba, cafés e infusións.

DSC_1618
Empanada de zamburiñas

DSC_1622
Tempura de lagostinos

20180713_145219
Timbal de polbo

20180713_143912
Revolto de peixe sapo (sen glútem)

DSC_1628
Terrina de cordeiro de leite

DSC_1630
Arroz de lavagante azul

DSC_1651
Coulant de chocolate

DSC_1655
Milfollas

DSC_1656
(Sen glútem)

DSC_1667
Petit Frous

Como dicía, todo resultou como os noivos esperaban. Persoalmente, o que menos me gustou foi o arroz, pero sabedes que é unha cuestión de gustos: son de arroces secos.

DSC_1819 DSC_1821

A sobremesa (ata as nove da tarde), na terraciña da Alameda, foi o broche perfecto.
O prezo? Desde o meu punto de vista, algo por debaixo do nivel da comida e o local; non é barato pero tampouco me pareceu que se saia do testo.
Non pagei eu, pero creo que o cuberto estivo arredor dos 75€ por comensal. Razoable.

Creo que paga a pena plantearse a proba dunha comida ‘normal’.

Alameda XXI
(Hotel Nagari)
Praza de Compostela 21
36201 Vigo (Pontevedra)
986 211 140
granhotelnagari.com
GPS: 42.23959N  8.721658O
Cociña: tradicional con toques actuais
Prezo: 60€