
Nacho Pérez, da colleita do cincuenta e sete.
Mestre, xa xubilado.
Unha muller para toda a vida, tres fillas, catro netos, moitas filias e poucas fobias.
Creo que a tolerancia é a máis fermosa das cualidades que pode adornar un ser humano.
Gústame ensinar, a boa vida, viaxar, comer, facer fotografías, un bo cocido galego, ver arquitectura moderna, ese viño especial, o ratiño de xogo cos netos...
Nas fobias, toda forma de intolerancia e violencia, o racismo, o sexismo, a inxustiza, social, individual, persoal, global...
Nacho + Haddock = Naddock