Comer en Galicia. Na liña de artigos anteriores (Comer en Vigo, Guía de restaurantes do norte de Portugal ou a Guía de restaurantes de Porto), hoxe a quenda é para os restaurantes galegos máis recomendados nas guías gastronómicas.

Neste caso a guía está elaborada tendo en conta a presenza dos restaurantes nas dúas guías gastronómicas de referencia en España (Guía Michelín e Guía Repsol), e o lugar que ocupan os restaurantes na clasificación por provincias en TripAdvisor.
En función do recoñecemento en cada guía (Michelín: estrela, biggourmand, mención; Repsol: soles, recomendación, mención; TripAdvisor: lugar na lista dos mellores de cada unha das catro provincias), realizamos unha ponderación coa que, xunto cunha puntación extra segundo o restaurante estea presente nas tres ou en dúas guías, elaboramos a clasificación final de restaurantes galegos con maior presenza nas guías.
Por moi forte que sexa a presenza nunha das tres guías, soamente incluímos restaurantes que están, cando menos, en dúas das guías.
Deste xeito, os doce restaurantes galegos destacados polas guías gastronómicas no ano 2016 son:
- Árbore da Veira -A Coruña -1E-2S-1º: 27p
- Yayo Daporta – Cambados -1E-2S-3º: 27p
- Nova – Ourense -1E-1S-1º: 26p
- Casa Marcelo – Santiago -1E-1S-7º: 25p
- Culler de Pau – O Grove -1E-2S-19º: 25p
- Casa Solla – Poio – 1E-3S-34º: 25p
- Maruja Limón – Vigo – 1E-2S-18º: 25p
- A Estación – Cambre – 1E-1S-39º: 22p
- Retiro da Costiña – Sta Comba -1E-2S-42º: 22p
- D’Berto – O Grove -Si-2S-4º: 22p
- A Taberna – Ourense -Si-1S-4º: 21p
- Silabario – Tui -1E-1S-49º: 22p
A lista completa, así como a guía de restaurantes pode consultarse na Guía de restaurantes de Galicia.