comendo na casa di mamma

Casa di mamma é unha trattoria en Valença, a carón da piscina municipal. Boa comida italiana a prezos moi competitivos; tamén especialidades portuguesas. Premio á mellor pizza de Portugal 2018.

Casa di Mamma Valença 03

Local agradable, de aire moderno, cun pequeno patio interior que dá luminosidade á parte central do local. Persoal amable e dilixente.
Carta moi ampla que pasa polas especialidades italianas (arredor de 20 modalidade de Pizza a 8€ de media: toscana, pizzeiolo, capriciosa, diavola, al tonno…; Pastas: spaguetti, lasagne, penne, tagliatelle, pennette…, carbonara, al pesto, bolognese, arrabiata, mar e monti…, entre 7 e 11€; Rissotos: factoria, primavera, Casa di Mamma (arroz arbório, cogumelos frescos, frango grelhado, parmesão, salsa e basilisco), baccala (arroz arbório, bacalhau, parmesão, salsa e basilisco), calamari e pesto, frutti di mare…, entre os 11 e os 15€). Ademais, Entrantes (pane all’aglio com mozzarella 1,5€, bruschettas (salmone affumicato, salmone al formaggio, di mamma, mare e monti…) entre 1,5 e 3€; foccacia (al pomodoro, al pesto, tradicional…), antipasttino, carpaccio di salmone, di prosciutto (7,5€)… Saladas entre 5 e 8€ (primavera, mista, caesar, bufala, tre colori, caprese, di parma…). Cozinha nacional: bambino para criança (8€), bacalhau espiritual 12€, bacalhau a casa 14€, bife pimenta (9€), francesinha especial 8€…
Mención especial para as sobremesas que traen en bandeixa á mesa para que elixas entre a mousse di cioccolato, o bolo de bolacha, tiramisú, cheesecake (de Ferrero, Oreo, frutos vermelhos, rafaelo…). Sobre os 3,5€.

Durante a semana menú do día (só o prato principal entre unha selección de pizzas e pastas, a 5€).
En días especiais (???), rodízio de pizzas.

Casa di Mamma Valença 08 Casa di Mamma Valença 10

Xoves ao mediodía. Pedimos a pizza 4 fromaggi e os spaguetti alla carbonara; primeiro a pizza, para compartir, e a continuación os spaguetti. Fantásticos, os dous, a un altísimo nivel; como leo por aí, ‘un anaco de Italia no Minho’.

Casa di Mamma Valença 13 Casa di Mamma Valença 15

De sobremesas, o cheesecake de ferrero e o de oreo. Moi ricos, especialmente o de ferrero.
Bebimos unha caña e un vaso de viño tinto, un café, e pagamos 11€ cada un.

Buscando información non me extraña que ocupe o primeiro lugar dos restaurantes de Valença en TripAdvisor. O local é moi agradable, enorme carta con moita variedade para elixir, especialidades italianas cun importante toque de autenticidade e prezos moi competitivos. Pódese pedir máis?
Absolutamente recomendable.

Trattoria Casa di Mamma
Rua 25 de abril s/n
4930-596 Valença do Minho
251818145
GPS: 42.027551N,  8.639740O
Cociña: Italiana, portuguesa
Prezo: entre 10 e 20€
Peche: luns, martes.