chiringuitos na illa de arousa

No verán de 2014 fixen a miña primeira aproximación aos Chiringuitos nas praias da illa de Arousa. Daquela escribía que praias na Arousa son moitas, pero chiringuitos, en poucas delas.

Chiringuitos-Arousa

Oito anos despois, a situación mudou sensiblemente. Con máis de un que abriu e pechou polo camiño, hoxe, e salvo erro ou omisión, podemos contar ata 22 chiringuitos nos areais da illa; agás a zona protexida do Carreirón, apenas hai praias se o seu chiringuito.

Daquela comezaba cunha reflexión sobre o termo a utilizar. No senso máis purista, o termo correcto en galego sería o de ‘quiosco’, pero creo que nos entendemos mellor se falamos de chiringuitos e non de quioscos de praia.

A día de hoxe, e insisto, salvo erro ou omisión, os vinte e dous chiringuitos da illa de Arousa, por orde, desde a ponte e en sentido contrario ás agullas do reloxo, son:

  • O Paraíso. Riasón. 674 449 937. Facebook
  • A Braña. Punta Aguillón. 665 325 489.
  • A boa vida. Cabodeiro. 687 115 771. Facebook
  • Punta Furado. Punta Furado. 621 343 448. Facebook
  • O Faro. O faro. 659 057 087. Facebook
  • Nautilus. Praia Area Secada. 663 660 176. Instagram
  • O’Xurel. Praia de Area Secada.
  • PataPalo. Praia Area Secada. 663 660 176. Facebook
  • Barbafeita. Praia de Barbafeita. 678 261 841.
  • Os Parrandeiros. Praia de Grandín. 615 065 352.
  • Gradisela. Praia de Espiñeiro. 633 434 303.
  • Areoso beach club. Punta Quilma. 686 479 669. Facebook
  • Praia  Xesteira. Praia Xesteira.
  • Con Cocodrilo. Praia Xestelas. 610 412 278. Instagram
  • El Chozo. Praia Conserrado. 679 321 986. Facebook
  • Vituco. Praia Conserrado. 639 302 618. Facebook
  • Praia Lavanqueira. Praia Lavanqueira. 646 040 956. Instagram
  • Carpe Diem Camaxe. Praia Camaxe. 621 337 303. Facebook
  • A do Peri. Praia Camaxe. 616 121 321. Facebook
  • Xa cho dixen. Praia Camaxe. 626 647 019. Facebook
  • Coco Bao. Praia do Bao. 606 325 253. Web
  • ChiBao. Praia do Bao.

En 2014 escribía algunha nota concreta daqueles dos que tiña algunha referencia concreta:

“Entre os de comidas cada un ten as súas peculiaridades. Está, por exemplo, o chiringuito Lavanqueira, que presume da súa paella de fin de semana a 3,5€ a ración, o da praia Camaxiña, coa carpa máis ampla e confortable para os días de vento, ou El Chozo, co seu anuncio de polbo, sardiñas e churrasco”.

“O Chibao, no aparcamento da praia do Bao, primeiro á esquerda segundo pasamos a ponte, é quizá o máis concorrido. Ten oferta clásica: polbo, navallas, xoubas, mexillóns, espetada… Merendamos seis: dúas de polbo, dúas de chinchos e unha de calamares, de bebida seis cañas; ben, sen grandes espaventos pero ben, calidade e prezo do que debe ser un chiringuito. Pagamos sete euros por cabeza”.

“Do Chiringuito Con do Cocodrilo faloume Alba. Oferta ampla e tradicional, sen moitas complicacións pero mantendo un nivel de cociña ben aceptable. Polbo, sardiñas, tortilla, filete ou lombo con patacas, navallas, ensalada, fideo con ameixas… moita variedade con prezos arredor dos 7 euros de media”.

“O último descubrimento é o Coco-Bao. Faláronnos del, aínda onte, Luis e Flori, cada vez máis asiduos nas nosas escapadas polo Salnés con Luz e outro Luis; así, xa podo aprezar o seu bo criterio gastronómico e a fiabilidade dos comentarios. Falan dun chiringuito especial, na praia do Bao, o último segundo tiramos cara a Camaxe.
Carta moi ampla e un chisco fóra do común dos chiringuitos (por exemplo pola utilización de algas); cociña especialmente coidada, servizo por riba da media, presentación dos pratos moi esmerada… Toman unha ensalada mariñeira (con algas e diversidade de moluscos), unhas ameixas á mariñeira (as rapazas que levan o local son mariscadoras da Illa)… Malia todo disque o prezo está na media dos chiringuitos”. (A nosa visita ao Coco-Bao).

Nestes últimos días probamos O Paraíso e o Gradisela. Os dous merecen a visita. En breve falareivos de ambos.