certificación dunha gran casa de comidas

Xusto un ano despois volvemos ao lugar do delicto xunto con Pepe e Merce.

P1070366

A Parada das Bestas, Pidre, Palas de Rei, Lugo, segue a ser un lugar altamente recomendable, tanto para comer como para botar unha semaniña de desintoxicación en plena natureza, no corazón das terras de Ulloa.
É deses lugares que che compensan dos trescentos e pico de quilómetros que tes que meter entre costas e peito para poder chegar ata alí desde Vigo (e volver, claro).

P1070281 P1070284 P1070286

Somos catro e non andamos con chiquitas; catro entrantes para compartir, catro pratos fortes e catro sobremesas; auga, unha cervexa e unha botella de Casa Moreiras 2011, Mencía da Ribeira Sacra. Con cafés (de pota) e chupitos pagamos pouco máis dos cento trinta euros. Trinta e tres euros por cabeza para unha gran comida antóllaseme un motivo máis que anima á excursión.

P1070295 P1070302

Os entrantes consistiron en: un mexillón en vinagreta sobre pan de sésamo (delicadeza da casa); Cecina de boi (cunha pinga de aceite virxe, fantástica), Croquetas variadas (lacón, espinacas…), Saquiños de cabaciña, e Follado de verduriñas ao queixo de Ulloa.

P1070308 P1070311
P1070313 P1070317

Os pratos: Solombo de vaca galega (con mollo de queixo), Rabo de vaca estufado, Paletiña de año asada, e Codillo de porco asado.

P1070325 P1070330 P1070324

O momento do doce mantivo o alto nivel do resto da comida: Xelado de noces (un sabor que me transportou á infancia: xelado de nata con noces cantonesas); Pudding con xelado de crema e froitos vermellos e Flan de café.
Todas as impresións escritas na primeira visita (A Parada das Bestas), confirmadas e mesmo aumentadas en valor.

Castelo Pambre eu borrando ceoP1070349

E, por suposto, e como dixestión, non perderse un paseo polas espectaculares paisaxes destas deliciosas terras de Ulloa.