centeno

A versión de baixo prezo da cociña de Rafa Centeno é unha opición moi recomendable para degustar unha cociña con estrela Michelín a prezos máis asequibles que no Maruja Limón.

Cocina Verde Rafa Centeno

O restaurante Centeno está dividido en dúas zonas diferenciadas. Unha, entrando á dereita, máis informal, e o comedor do fondo, cun gran ventanal á praza da estación (que, por certo, as vistas ás casas das vellas fondas e hostais resultan horrorosas; alguén, o concello, debería tomar cartas no asunto).

En ambos casos a estrela é unha cociña verde, na que o produto, a súa temporalidade e o respecto ao entorno son a base da oferta gastronómica.
O mundo vexetal como eixe principal dunha cociña que quere ser fresca e divertida.

A oferta do espazo informal (máis dinámico, cunha cociña onde poder disfrutar e coidarse ao mesmo tempo) está dividida en catro bloques: os nosos bowls-ensaladas (de tomate mariñado, queixo do Cebreiro e millo tostado, 13.80€; de lentella caviar, arroz integral, frambuesa e pistacho, 13.80€; ou o boniato, asado, con aguacate e mando, como se dun ceviche se tratase, 12.50€); a modo poke (verduras de inverno salteadas e cereais, 12.50€ ou de colifror, salteada con kale, edamame e cenoria, sobre unha base de quino, cus cús e verduras encurtidas con aliño agridoce, 12.50€); as nosas empanadas (de masa farcita con olivas negras, queso comté, verduras e alfábega, 15.80€ para dúas persoas; ou empanada aberta de masa de trigo con piquillos confeitados, queixo morbier e trufa, 13.50€); os ovos de galiña criadas en liberdade (ovo de balneario con cremoso de pataca e asado de verduras e migas crocantes, 8.80€; ou o ovo de balneario con setas de temporada con bechamel lixeira de trufa branca, 8.80€).
Carta Rafa Centeno
No comedor existe unha opción de menú de degustación: dous entrantes (ensalada de tomates ananos nun caldo cítrico con toques picantes, vermú, coco e herbas; berenxena á brasa, olivas verdes, tomate seco e herbas), un segundo a elixir entre a lubina (na brasa, con cremosos de pataca aliñado, brécol e algas), o polo ‘Galo celta’ (na brasa con Shitake salteado e cabaza) ou a pasta fresca (salteada e aliñada cun mollo de herbas, parmesano e verduras) e a sobremesa en forma de tarta de mazá, para comer con culler, con crema de vainilla Bourbon, froitos secos e xeado de canela. O prezo deste menú é de 35€.
Centeno Vigo
Ademais de todos os pratos do menú de degustación, a carta conta, tamén, con propostas como o Garavanzo (humus centeneo style nunha ensalada e costróns de pan, 8.90€), as Alcachofas (nunha pepitoria vexetal, 14.80€), a Remolacha (en texturas, con lentella caviar, pistacho e frambuesa, 11.80€), ou a Colifror (na brasa, con cenoria, coco, curry e arroz xasmín).
Ovo con bechamel Centeno
Para comezar compartimos os dous ovos.
O ovo (frito doutro xeito; salteado de setas de tempada e bechamel lixeira de trufa); esta preparación pode atoparse no menú do irmán maior, Maruja Limón.
Ovo de balneario Centeno
Ovo de balneario (a 62º, con puré cremoso de pataca, asadillo de verduras e migas).
Radicalmente diferentes e difícil elección nas preferencias. O ovo con bechamel é cremoso, suave, moi ensamblado en cada bocado; moi rico. No ovo de balneario destaco o punto de cocción e esas verduriñas que dan un toque como de pisto; o pan triscante e o puré redondean un prato que gustou moito.
Pasta fresca salteada Centeno
Compartimos, tamén, o prato principal.
A pasta fresca salteada e aliñada cun mollo de herbas e anacardos, queixo parmesano e brócoli.
Polo con Puré Centeno
E o polo (“Galo celta”) á brasa con shitake e hoxe, de xeito excepcional, con puré de pataca.
Malia estar ante un polo de auténtico luxo, traballado cunha técnica perfecta, neste caso decántome pola riqueza de sabores combinados que presenta a pasta.
Goloso de chocolate Centeno
Para o doce pedimos unha Larpeirada de chocolate a base de texturas dechocolate e froitos secos.
Extraordinaria, moi lograda. O nome, larpeirada (“goloso”), no lle pode acaer mellor.
Con copa de Godello e copa de Ribera, con auga e café, pagamos 33€ por persoa.
Non é barato para unha comida de diario, supera a media do que unha comida en centro comercial, pero creo que vale o que se paga e que é unha opción moi atractiva. E non debo ser o único. O venres ao mediodía estaban todas as mesas do comedor tradicional reservadas. Unha comida completa dun cociñeiro con estrela Michelín por este prezo resulta moi atractiva.
A mesa e nanteis Castro
Ademais de comelos, moitos e variados, tamén ando á procura da historia do cocido galego para, a través das súas orixes, comprobar que hai de certo nas diversas teorías sobre o que debe levar o “auténtico” cocido galego. Intúo que chegarei ao punto morto de que non existe un único cocido que poida levar tal etiqueta pero, mentres, aprendo cousiñas que non están nada mal para un amante da gastronomía.
Nesta miña teima pensei no que pode contar Xabier Castro no seu libro A mesa e manteis, historia da alimentación en Galicia, así que entrei na fnac a botar un ollo.
Gosto da fnac, sobre todo en Portugal. Cos seus espazos para sentar e ver pasar as follas e o tempo; ou con ese pequeno balcao con tres mesas para apurar un café-café; ou eses recunchos culturais para expoñer un vídeo, colgar unhas fotos ou parolar devagar cunha autora.
Logo fnac
Que me perdoe quen me teña que perdoar, pero na fnac do CC Vialia de Vigo caeume a alma aos pés.
Para comezar, non conta con ningún deses espazos que noutros lugares converten a fnac nun sitio distinto.
Busco sen atopar, por todos os andeis, unha sección en galego; procuro na sección de cociña e gastronomía e todos son libros en castelán. Pregunto a un operario que, perfectamente uniformado e identificado, pasaba por alí, en principio e de forma xenérica, por libros en galego; de entrada, e sen ningún rubor, afirma que non teñen; logo, tras reflexionar un bocadiño, di que ben, que si, que algún debe haber por aí, e condúceme a un andel onde, ao chou, sen orde nin concerto, atopo non máis de cincuenta títulos en lingua galega. Diría que en volume e espazo ocupado non representan máis alá dun 3 ou cinco por cento do total de libros que hai na libraría.
A pescada que se morde o rabo? Non hai máis libros galegos porque non existe demanda, ou non hai demanda porque os libros non están nos andeis? Será que os lectores en galego non adoitan comprar en grandes espazos comerciais? Será que aos grandes espazos comerciais non lle interesan os potenciais compradores que len ou falan en lingua galega?
Non podo imaxinar o que ocorrería se na tenda central da fnac de Barcelona as edicións en lingua catalá ocupasen un 5% do volume total da tenda.
Sinto enfado, sinto carraxe, sinto noxo, e sobre todo mágoa, moita mágoa.
Adoito ser persoa positiva e tolerante, sempre remando a favor e dificilmente en contra, pero hoxe, e malia ser un centro de cultura, desexo o peor para fnac, o fracaso, a creba absoluta, a desaparición do mapa vigués.
En todo caso, con fnac ou sen fnac en Vigo, a lingua galega vai ao fondo.
Seica o único lugar onde, de certo, imos atopar a nosa Lingua é na UCI.
Centeno
Rafa Centeno
Praza da estación s/n
36201 Vigo (Pontevedra)
986 319 228
GPS: 42.234303N, 8.713792O
centenovigo.es
Facebook
Instagram
Cociña: sana, actual
Prezo: menú degustación 35€; carta 30€