lugo

Por se alguén non o sabía: para comer, Lugo

casa cándida

Casa Cándida, Viveiró 7, Muras, Lugo. 982188168. A casa dos sete pratos. Unha das mecas da xenerosa cociña lucense. Pratos caseiros, saborosos, moi, moi abundantes e a prezos sen competencia.

os cachivaches

Arrocería Os Cachivaches. Rúa Campos Novos 26, Lugo. 982220099. Arrocería pero non só arroces; ampla carta de entrantes internacionais e boa selección de sobremesas. O prezo, proporcional á materia prima.

javier montero

Javier Montero, As Barreiras 18, Estrada Villaselán, 27700 Ribadeo, 982639600. Consolidado como un dos mellores restaurantes de Mariña; texturas e sabores galegos con pinceladas de fusión. Menú degustación 64 euros.

a faragulla, en chantada

Co paso dos anos Toño Lorenzo mantén a Faragulla, fiel aos principios fundacionais, nun excelente estado de forma. Cociña galega, local, con leves aires actuais a un prezo moi competitivo. Lendo opinións en Internet, foi cando atopei as dúbidas de Jorge Guitián sobre se incluír ou non A Faragulla no fenómeno “bistronomía” (ver entrada anterior). …

a faragulla, en chantada Ler máis »

boa vista en celeiro

O restaurante do hotel gastronómico Boa Vista, ofrece o mellor marisco e peixe da lonxa de Celeiro. Boa selección, tamén, de carnes lucenses. Cociña moi coidada e prezos bastante equilibrados.