a maceta
A Maceta, de Jorge Gago. Rúa de San Pedro 120, Santiago. 981589600. Cociña actual, sen complexos, a cabalo entre a tradición galega e a fusión. Prezos que animan a repetir.
A gastronomía compostelá ben merece unha categoría propia
A Maceta, de Jorge Gago. Rúa de San Pedro 120, Santiago. 981589600. Cociña actual, sen complexos, a cabalo entre a tradición galega e a fusión. Prezos que animan a repetir.
Pampín Bar, Alén Tarrío. Ruela das Fontiñas 4, Santiago, 981116784. Toda a esencia dunha casa de comidas de sempre con proposta de cociña, tamén tradicional, pero con chispas de actualidade.
Pepe Solla ofrece en La Radio a súa versión máis roqueira, máis divertida, canalla, diría que máis auténtica. Propostas para compartir a base de pescada de Celeiro e porco Joselito.
A Horta do Obradoiro vén pegando forte. O certo é que non lle falta de nada para destacar. Cociña, espazos, atención e prezos forman un cuarteto triunfador na esixente Compostela. Despois do noso estudo dos mellores restaurantes galegos de 2021 segundo as guías (ver entrada), ocupaba o segundo lugar de urxencias na nosa lista de …
Desfrutar dun menú de degustación de Lucía Freitas en Lume -8 momentos- custa 40€. Vela a ela trasfegar con calquera labor que se lle poña por diante, non ten prezo. Os fados, sempre caprichosos, quixeron que esta semana se centrase nos menús máis accesibles dalgunhas das mellores cociñeiras galegas. Se o pasado mércores era o …