porto

Porto, a gran urbe do noroeste peninsular

guía de tascas e petiscos. 7. grande porto: norte litoral

Sétima entrega da Guía de tascas e petiscos do Expreso. Hoxe entran as recomendacións de locais no litoral ao norte do Porto: Matosinhos, Vila do Conde e Póvoa de Varzim. Todas as entradas anteriores poden consultarse en: A guía, o distrito de Vila Real, O distrito de Bragança, Braga (Braga, Barcelos e Amares), Braga (resto […]

guía de tascas e petiscos. 7. grande porto: norte litoral Ler máis »

o esencial é invisible aos ollos

Almeja (de almejar, desexar con vehemencia), é o restaurante de João Cura no Porto. A pretensión, ‘boa comida casual’. A realidade, cociña de autor, sá, saudable, portuguesa con influencia exterior. Un restaurante que propón como máxima propia a lección que o raposo lle aprende ao Principiño ten gañados de antemán todos os meus sentidos. Era

o esencial é invisible aos ollos Ler máis »

pequena xoia na foz do douro

A Pizzería Restaurante Casa da Foz (rúa Padre Luís Cabral 1150, Porto) foi un auténtico descubrimento. Local moi pequeno, apertado, ruidoso, abigarrado…, pero auténtico. Boa comida italiana a prezos populares. Nunha vella casa, nunha ruela ínfima, apenas 25-30 lugares que ultimamente están ateigados nos días e horas punta chegando a duplicar e mesmo triplicar servizos.

pequena xoia na foz do douro Ler máis »

porto 2019

A raíz da visita a Oficina do pasado xoves, atopamos a Guia de restaurantes de Porto 2019 do TimeOut e aproveitamos para actualizar a nosa lista de restaurantes da Invicta. A guía ofrece unha selección dos 50 mellores restaurantes de Porto (segundo os críticos do propio TimeOut), clasificados por prezos, zonas e tipo de cociña.

porto 2019 Ler máis »