restaurantes

O eixo da nosa paixón

david f. jesus

David Ferreira Jesús. Setúbal, 1995. Cociñeiro. Restaurante Seiva, en Leça de Palmeira. Estudou na Escola Superior de Hostelaria de Estoril. Pasou polo Feitoria, Praia do Guincho, Quique Dacosta, DiverXO…

mugasa

Restaurante Mugasa. Ricardo Nogueira. Largo da Feira, Sangalhos (Anadia). 351234741061. O rei indiscutible é o leitão, loxicamente, á Bairrada. Carta que vai moito máis alá do bacoriño con prezos comedidos.

asador o pazo

Asador O Pazo. Óscar Vidal. Rúa dos Pazos (N-550, 23) Padrón. 981811507. No Pazo, todo, antes ou despois, dun xeito ou doutro, pasa pola brasa. Unha experiencia única en Galicia.

os cachivaches

Arrocería Os Cachivaches. Rúa Campos Novos 26, Lugo. 982220099. Arrocería pero non só arroces; ampla carta de entrantes internacionais e boa selección de sobremesas. O prezo, proporcional á materia prima.

valdevez

Restaurante Valdevez. Rúa San Bernardo 4, Vigo. 986223183. No corazón do Casco vello de Vigo un local amable e divertido. Cociña tradicional con fundamento e aire fresco a prezos razoables.