restaurantes

O eixo da nosa paixón

alberte

Restaurante Alberte. Alberte Gutiérrez. Rosalía de Castro 65, Vigo. 986899019. Cociña gourmet con base nas brasas e acabados sofisticados. Local fermoso e confortable, servizo profesional e prezos un pouco elevados.

faba tonka

Faba Tonka. Nuno Castro. Rua Santa Catarina 100, Leça da Palmeira. +351915343494. Defínese como um restaurante de cozinha sazonal e orgânica com matriz vegetariana. Pratos fantásticos e prezo moi axustado.

torres vila verde

Restaurante Torres. Ponte de São Vicente 280, EM531, Vila Verde. +351253361619. Xenuíno restaurante portugués de interior. Ampla carta de comida miñota tradicional nun local agradable, bo servizo e prezos axustados.

furancho moncho

Furancho Moncho. Travesía Casalvito, 25, Combarro (Poio). 629858821. Típico furancho con variedade de viños e tapas. Maior calidade nas tapas que no viño. Prezos por debaixo da media dos furanchos.

espai essence

Espai Essence. Rúa Sant Pere Més Alt, 72, Barcelona. 933151022. Jordi Butron, Ferran Domínguez e Mireia Rovira. Restaurante de sobremesas da escola Espai Sucre. Menú de degustación nunha experiencia completa.