amaranto
Amaranto. Rúa Picavia 12, A Coruña, 981021964. Un paraíso sen gluten. Panadería variada, pastelería apetecible e cociña casual aceptable a prezos razoables (para o que é o desproporcionado mercado SG).
O Norte tamén existe

O Secadeiro. Fernando Rodríguez e Eva Guzmán. Banzas 18, Outes (ACoruña), 881308134. Menú de degustación, de tempada, con protagonismo para os vexetais da horta. Auténtico. Diferente. Atractivo. Persoal. Moi recomendable.
Restaurante Simpar. Áxel Smyth, Claudia Merchán. Rúa do Vilar 47, Santiago. 881977601. Recuperación para Compostela do estrelado Áxel Smyth. Cociña fresca e elegante para un menú de degustación de 75€.
Asador O Pazo. Óscar Vidal. Rúa dos Pazos (N-550, 23) Padrón. 981811507. No Pazo, todo, antes ou despois, dun xeito ou doutro, pasa pola brasa. Unha experiencia única en Galicia.
Iván Domínguez. Calella da Estacada 9, A Coruña. 981979477. Recentemente reconvertido a restaurante de tapas, para compartir, no que a prodixiosa man de Iván Domínguez está entre presente e ausente.