casa moncho en vigo

Casa Moncho vén de mudarse a un local máis céntrico e estratéxico. Un típico tapeo de Nadal entre compañeiras espertou en min o interese por profundar neste clásico de Vigo.

Casa Moncho 10

Cociña galega cunha boa ración de incondicionais que o seguiron desde a súa ubicación inicial na rúa México ata esta de Doutor Cadaval.
Non foi máis que un tapeo de amigos de preparación do Nadal. Tomamos uns mexillóns (de moi bo tamaño e calidade), unha empanada de peixe (realmente exquisita: masa follada moi fina e interior saboroso e nada seco nin graxento), croquetas (tamén moi ricas) e unha tortilla de setas (para min, e sen menosprezar o resto, o bocado máis rico: zumenta, tipo Betanzos, pero ben pasadiña por fóra e un equilibrio especial entre a pataca e os cogumelos).

Casa Moncho 04Casa Moncho 06
A empanada

Casa Moncho 05Casa Moncho 07
As croquetas

Casa Moncho 08Casa Moncho 09
A tortilla

Eramos catorce e quero lembrar que coas bebidas pagamos sobre doce euros por cabeza.
Casa Moncho pertence ao grupo Galicia Gourmand, grupo de gastrónomos unidos baixo a pretensión de ofrecer comida de calidade a prezos moderados.
Gustoume moito. Como para probar unha comida completa. Disque a man de Moncho para o peixe é especial.

Casa Moncho
Dr Cadaval 24
36202, Vigo (Pontevedra)
986 483 478
Facebook
Cociña: tradicional, galega
Prezo: sobre 30-35€
Peche: domingo noite; luns