antiqvvm by vitor matos

Antiqvvm by Vitor Matos, en Porto, camiña seguro cara á estrela Michelín. Alta cociña nun ambiente luxoso e sofisticado a un prezo alto pero xustificado.

Restaurante Antiqvvm 01

Despois do seu exitoso paso pola Casa da Calçada, o chefe Vitor Matos abre cociña e mesa en Porto, nos baixos da Quinta da Maceirinha, no local que en tempos ocupou o Solar do vinho do Porto.

 Restaurante Antiqvvm 06 Restaurante Antiqvvm 05

Aínda que en polos opostos, a decoración está ao nivel do edificio que acolle o restaurante: requintada pero limpa, luxosa pero sen excesos, acolledora e suxerente ata nos mínimos detalles.

Restaurante Antiqvvm 09

A oferta culinaria desenvólvese en dous menús e a posibilidade de elección á carta.
O primeiro menú de degustación, ‘Tradición renovada’, consta de 5 snacks e un complemento, tres entrantes, peixe, carne, unha selección de queixos, sobremesa e ‘as pequenas xoias’ do chef para acompañar o café. Este menú completo custa 80€ (40€ máis con maridaxe) e ofrece a opción (á que nos acollemos) de escoller ou a carne ou o peixe (75€).
Ten un segundo menú de degustación, máis amplo, por un prezo de 120€ por persoa.
Acompañamos con tres botellas de auga e unha de Post Scriptum (Douro de 2011, 35€).
Aí vai, completo, e coas súas fotos, o menú.
Xulgade por vós mesmos.

SNACKS

Restaurante Antiqvvm 17
Sanduiche de Tártaro de vitela com mostarda antiga

Restaurante Antiqvvm 20
Maki de presunto de vaca alentejana com rúculas, avelas e queijo ilha velho

Restaurante Antiqvvm 21
Merengue de beterraba e foi gras

Restaurante Antiqvvm 15
Polbo em pao panko com maionese de caril de Madras

Restaurante Antiqvvm 13
Vieira marinada com perla de espumante

Restaurante Antiqvvm 22
Foie gras com Moscatel do Douro

ENTRANTES

Restaurante Antiqvvm 27
Ravioli de queijo da serra com manteiga de salva, trompetas da morte e folhas de capuchinha

Restaurante Antiqvvm 23
Mexilhões em escabeche, cavala marinada, sardinha, tomate, pepino, coentros e daikom
Pimentos assados e creme de fígado de bacalhau

PEIXE

Restaurante Antiqvvm 28
Bacalhau e mãozinhas de vitela Maronesa com grão-de-bico, cenourinhas e couves bio
Caldo de mãozinhas ligeiramente fumado, flores campestres

CARNE

Restaurante Antiqvvm 29
Bochecha de porco preto glaceada com molho de vinho tinto do douro, tutano, cebolinhas glaceadas
Cuscos com chouriço de vinhais, favas e tomate seco caseiro, emulsão de segurelha silvestre

A SELECCIÓN DE QUEIXOS

Restaurante Antiqvvm 31
Ilha de São Jorge furado e sua espuma, Azeitão com figos pingo de mel confitados
Molho de cereja balsâmica, beterraba, creme de maça e aipo

SOBREMESA

Restaurante Antiqvvm 33Restaurante Antiqvvm 36
Maracujá em texturas, Coco-chocolate, Falso Limão de iogurte de baunilha, pinhões
Finger lime, bolo de limão e sorvete tangerina

AS PEQUENAS JÓIAS

Restaurante Antiqvvm 38 Restaurante Antiqvvm 40 Restaurante Antiqvvm 41

Sería unha pretensión absurda pola miña parte tentar describir sabores e sensacións que acumulamos ao longo da comida; un imposible destacar un bocado especialmente saboroso, ou diferente, impactante, agradable, irreptible…
En Antiqvvv, de principio a fin, asistes a unha sucesión de experiencias marabillosas que non se limitan ao padal senón que acaban por afectar, un tras outro, a todos os sentidos.

Restaurante Antiqvvm 42Restaurante Antiqvvm 43Restaurante Antiqvvm 44Restaurante Antiqvvm 45Restaurante Antiqvvm 46

O prezo?
Si, por suposto, é moito diñeiro. O menú de 75€ por persoa, coas bebidas, converteuse en 340€ entre os catro que estabamos á mesa.
Claro que a ocasión ben o merecía! Por ver a Pepe totalmente recuperado pagamos iso e moito máis (sobre todo se é el quen paga… para celebralo!).
Claro que a comida, posiblemente, o vale… Que comparada con outras comidas equivalentes (e mesmo sen saír do propio Porto), pode resultar que non sexa nin moito menos das máis caras.
Pero aínda así, aínda así… son moitos cartos!

Antiqvvm
Vitor Matos

Rúa de Entre-Quintas 220
4050-240 Porto
351 226 000 445
Web
Facebook
GPS: 41.147465N, 8.628304O
Cociña: Actual, creativa, de autor.
Prezo: Menú executivo na semana: 25€ Menús degustación: 80-120€
Peche: Domingo noite. Luns.