alice austen

Desfacer o xénero. Exposición de fotografías de Alice Austen (New York, 1866-1952). Museo municipal Quiñones de León, Vigo. De 30 de novembro de 2023 a 31 de marzo de 2024.

Expo Alice Austen Destacada

Vai por diante que os afeccionados á fotografía e os defensores da igualdade estamos de noraboa: non é normal que nunha cidade como Vigo coincidan dúas exposicións de fotografías e, ademais, as dúas de mulleres fotógrafas (Mary Quitero); se a estas dúas unimos a visita reciente á expo sobre Dorothea Lange en Bassano, o trimestre resulta excepcional.

Tres fotógrafas, tres mulleres, tres momentos e tres ambientes diferentes, as tres grandísimas artistas e as tres radicalmente diferentes.
Se Dorothea Lange centrou a súa traxectoria na fotografía documental e Mary Quitero deixará pegada na súa faceta de retratista en estudo, Alice Austen está entre as precursoras de ambos xéneros fotográficos.

Exposión Alice Austen
Retrato con Gertrude Tate,
a súa parella por 60 anos

Debo recoñecer que antes desta proposta descoñecía por completo a figura de Alice Austen; non sabía dela na súa vertente como fotógrafa, pero tampouco tiña referencias do seu labor como activista en prol do feminismo e dos dereitos das persoas LGTBI. Tres actividades especialmente relevantes se consideramos que estamos a falar dunha muller nacida e criada en plena época victoriana.

Exposión Alice Austen
Exposión Alice Austen

Desde que con 11 anos o seu tío lle regalou unha cámara fotográfica e a introduciu no mundo do laboratorio, Alice fixo arredor de oito mil fotografías.
Comezou plasmando o seu entorno, a casa, as persoas, a vida cotiá, o porto…, cunha técnica impecable para o momento e unha estética absolutamente moderna.

Exposión Alice Austen
Exposión Alice Austen
Exposión Alice Austen

Amiga de Violet (Maria E. Ward), pioneira do ciclismo, fixo as fotografías para ilustrar o seu libro Bicycling for Ladies, un alegato en favor da autonomía, a independencia e a modernidade das mulleres a través da bicicleta. A mobilidade física como camiño cara á liberdade persoal é, quizá, o aspecto máis salientable.

Alice Austen Expo
Exposión Alice Austen
Exposión Alice Austen
Exposión Alice Austen

Sexa a través da explicitación da súa loita polos dereitos das mulleres lesbianas nun momento histórico en que a homosexualidade era un tema tabú.
Sexa na defensa da independencia da muller a través de imaxes cos disfraces xoguetóns e provocadores.
Sexa no mundo do deporte, en especial a ximnasia e o tenis, da que que foi máis que digna practicante.
Sexa, simplemente, no retrato se máis dunha muller de idade…
A muller está presente ata converterse en motivo case que exclusivo nas fotografías de Alice Austen.

Exposión Alice Austen

Despois de visitar a exposición, o título Desfacer o xénero antóllaseme un acerto pleno.

Sen embargo, teño que facer unha matización de desloce sensiblemente o valor da exposición; non pola autora nin polas fotos seleccionadas, non pola parte artística, senón pola organización.
Se a expo de Mary Quintero estaba nun soto cun acceso tortuoso polo que tiñas que avanzar cos ollos pechados (a visita á exposición é gratuíta pero para ver os fondos do museo hai pagar entrada), esta de Alice Austen está entre un corredor e un par de salas do pazo de Castrelos. Un corredor. Literal. Nefasta iluminación (se é que se pode dicir que hai unha iluminación) que distorsiona gravemente a posilidade de admirar as fotografías no seu pleno valor. Cando non son as luces das arañas do teito reflexadas no vidro das fotos, é a propia sombra do visitante a que se proxecta parcialmente na fotografía. Unha mágoa.
Teño para min que esto non ocorriría de termos en funcionamento a creada, e finiquitada en poucos meses, Casa galega da fotografía.