adega sabino

Adega Sabino. Largo Hermenegildo Solheiro 46, Melgaço. +351251404576. Adega típica portuguesa con decoración centrada no mundo do viño; comida típica miñota e, en xeral, portuguesa, carta ampla e prezo medio.

Adega Sabino Viños

Á Adega Sabino vaise, normalmente, polo cabritiño, e iso fomos nós.

Adega Sabino Cadro

O espazo, acolledor e sobrecargado, vese ateigado de botellas de viño por todas partes. Pequeno espazo na pranta de entrada e comedor principal no baixo.
Comemos abaixo e a comida resulta cómoda e moi agradable.

A carta da Adega Regional Sabino é moi ampla e variada aínda que centrada na gastronomía do Minho.
Para comezar: Patanisca (1€), Sopa (4€), Queijo curado de vaca (5€), Presunto com melão (10€)
Enchidos de porco bísaro: Chouriço de sangue (7€), Alheira (7€), Chouriço de carne (8€).
Do mar: Salmão (17€), Bacalhau à Sabino (1/2 dose 21€, para 2 pessoas 35€), bacalhau com broa (35€), Polvo à lagareiro (40€), Arroz de tamboril (40€), Lampreia do rio Minho (baixo reserva en tampada, segundo o mercado)…
Da terra: Bife de vitela grelhado (1 pessoa 17€), Meio naco de vitela grelhado (19€), Costeletão grelhado (2 pessoas 40€)…
Vexetariano (alface, cenoura, cebola, tomates, milho, ananás assado, pêssego, legumes, batata à murro e folhado vegetariano recheado de arroz e cenoura picada, 15€).

Moi significativa selección de viños para todos os petos.
Nós, para o cabrito, tiramos polo tinto verde da casa; non está excesivamente acedo; malia non estar entre as miñas preferencias déixase beber aínda que moi discretamente.

Adega Sabino Viños
Queixo de cabra de Melgaço
Adega Sabino Entrantes
Rissóis de carne e Bolinhos de bacalhau

O comezo resulta moi . O queixo, servido con abóbora, resulta saboroso e fino ao padal; pola súa banda, tanto os rissóis como os bolinhos na liña habitual deste tipo de establecementos: impecables, moi moi ricos; para min, un chisco mellor os rissóis.

Adega Sabino Cabrito
Cabrito

E, claro, o cabrito do monte asado no forno e servido en travessa de barro.
Vén cuberto de laranxa e acompañado de pataquiñas asadas xunto ao cabrito, un salteado de legumes e a correspondente cunca de arroz branco.
O cabrito resulta xusto para os catro que somos, sen excesos típicos portugueses pero tampouco para pasar fame.
Os cortes son variados e os anacos tirando a pequenos.

Adega Sabino Cabrito
O meu primeiro prato de cabrito

O sabor, dominado polas herbas aromáticas que acompañan ao cabrito no forno, é realmente moi bo; ocupa un lugar destacado entre todos os cabritos que temos tomado no norte de Portugal. Se do que se trata é de ir a Sabino polo cabrito, o desprazamento paga a pena con creces.
Dos acompañamentos pouco que dicir. Neste caso as miñas favoritas son as patacas asadas pero non lle fago ascos ao salteado de verduriñas.

Adega Sabino Doces
Torta de bolacha
Adega Sabino Doces
Mousse de chocolate
Adega Sabino Doces
Bucho doce

En xeral os doces son tipicamente portugueses. A torta de galleta é diferente pero rica; a mousse, clásica, tamén está moi boa. Non me gusta tanto (sobredose de azucre) o bucho doce.

Con aguas, cafés e o viño da casa pagamos 32 euros por persoa. Non está mal; ao principio pareceunos un puntiño caro para o que comemos, pero dada a inflacción galopante dos alimentos (en Portugal tamén) haberá que ir afacéndose a unha pequena (ou ás veces non tan pequena, haberá quen aproveite a conxuntura para facer caixa) subida dos prezos.

Adega Regional Sabino
  • Largo Hermenegildo Solheiro 46
  • Melgaço, 4960-551 (Portugal)
  • +351 251 404 576
  • adega-sabino.com
  • GPS: 42.113204N, 8.259319O
  • Cociña: tradicinal, rexional
  • Prezo: 25-40€
  • Peche: luns e martes