visitamos o mercado de sabores

Desde o pasado xoves e ata maña domingo, na Estación marítima de Vigo, estase a celebrar o Mercado de sabores organizado por Mahou.

mercadosabores

Catro días de actividades intensas. Desde clases maxistrais de grandes cociñeiros galegos e españois a leccións prácticas de como se debe tirar unha cervexa.

E como motivo central, doce locais de Vigo presentan cadansúa tapa deseñada para a ocasión. Aí van, por rigorosa orde de aparición, os participantes coas súas creacións. (As fotos dos pratos son da web da organización)

pintxotecamartapalapintxoteca
Pintxoteca Mar (Vigo). Yago Valverde.
Nécora e viño.

tapalapulperiademarujalapulperiademaruja
La pulpería de Maruja (Vigo). Gorka Tesouro.
Polbo a modo ceviche.

laconsentidatapalaconsentida
La Consentida (Vigo). David Gallego.
Bacallao Con-sentido.

tabernaatlanticalaescamalaescama
La exscama, Taberna atlántica (Vigo). Carlos Grobas.
Nasa do Atlántico.

ruxeruxetaparuxeruxe
Ruxe Ruxe (Vigo). Gerson Iglesias e Carlos Barreira.
Xarda á chama, kimchi e tapioca mariñeira.

tapaoshusioshusi
Osushi (Vigo). Andrés Medici.
Gyoza de capón de curral, shiso e nira.

patourotapapatouro
Patouro (Vigo). Benigno Couso.
Os esquecidos.

tapamauromauro
Mauro (S Adrián de Cobres). M José Boqueiro.
Boca Tin de lura con emulsión de limahou

manolomañanitatapamanolomañanita
Manolo Mañanita (Cangas). Anselmo Rodríguez.
Xarda cos seus cítricos, esponxas e espaguetis de mar.

tapaahortadoobradoiroahortadoobradoiro
A horta do Obradoiro (Santiago). Kike Piñeiro e Eloy Cancela.
Ensaladilla de mar.

laventanaindiscretatapalaventanaindiscreta
La ventana indiscreta (Vigo). Antonio Guerra.
Ttiradiño de gambón e boniato sobre lima.

tapaelmosquitoelmosquito
El mosquito (Vigo). Santi Bello.
Ravioli de lagostino.

Probamos (por orde das que máis nos gustaron á que menos): O boca tin de lura con emulsión de limahou (moi rico e contundente; a diferenza no sutil toque limahou); Nécora e viño (moi rico; sabores variados; boa presenza); Xarda cos seus cítricos, esponxas e espagueti de mar (rico; quería un pouco máis zumenta a xarda); Ensaladilla de mar (aceptable; algo confusa nos sabores).
Veremos se nos dá para unha segunda visita.

Boa oportunidade para pasar un rato agradable e, de paso, coñecer unha parte do que se está a cocer en Vigo.
Prezos moi razoables. A caña a 1€, cada pincho a 2.5€.


Translate »