uns callos en salceda

Comimos os callos no Z9 (Salceda). Local normal, tipo tapería, servizo atento, e os callos estaban para mollar pan e non parar. A ración –cazoliña de barro a rebosar–, 5€.

NuevoDocumento 2019-02-20 16.31.58

Salceda de Caselas, como toda a Louriña, é terra de callos; en Salceda, a principios de setembro, celébrase a festa da exaltación dos callos; van pola XXVII edición…
Por outra banda, a tapa de callos acompañada da cunca de viño, en toda Galicia, é típica do día de feria ou mercado semanal; valen para calquera momento do día, para o almorzo, o vermú, o xantar… Normalmente á cea xa non chegan.
O mercado, en Salceda de Caselas, celébrase os mércores.
Así que o pasado mércores achegámonos a Salceda para comer uns callos. Levados por Luis, caemos na Bodeguilla Z-9, un local na mesma praza do concello (por certo, rúa do doutor Zunzunegui, avó que foi do meu irmán-amigo Magis).
Trátase dun local sen pretensións estéticas; garda toda a posible ciencia para cociñar os callos. Catalóganse como tapería e dispoñen dunha ampla carta de tapas tradicionais e algunhas importadas; prezos competitivos. Algún que outro prato de culler.
Ademais, os mércores e os domingos, os callos.

20190220_150752 220190220_150757 2

Coas imaxes xa non hai máis que dicir.
No seu punto, coas especias exactas, un mollo gordiño, os seus tropezóns de chourizo, de tripa, de pata… Deliciosos.

20190220_153606 20190220_153650 20190220_153910

As racións eran abondosas e, con sobremesas para todos, auga, dúas botellas do mencía da casa e os cafés, pagamos 12 euros por cabeza.
No Z-9 ou en calquera outros dos locais de Salceda de Casela sempre pagan a pena os callos. Pero non esquezades reservar…

Bodeguilla Zeta Nove
Rúa do doutor Zunzunegui 11
36470 Salceda de Caselas (Pontevedra)
986 34 78 07
GPS: 42.102248N,  8.558386O
Cociña: tapas, tradicional
Prezo: 15€
Peche: luns


Translate »