unha tortilla en cacheiras

Unha tortilla en Cacheiras é unha experiencia algo máis que recomendable… e se é en Armando Blanco, La casa de las tortillas, a cuestión, antes ou despois, convértese en inevitable…

Berlin 1822

De regreso de Berlín, directos a Lavacolla, con chegada ás 13.40. Con ganas de comida de aquí. E por que non unha tortilla en Cacheiras?
E, camiño de casa, pequena desviación, e alá nos fomos.
O interior era enxebre e acolledor, pero agora, a terraza, e con este verán de 2016, resulta espectacular.

Algo rápido, que os corpos piden casa.
A tortilla, un prato de xamón e unha xerra de viño tinto con gasosa.

La casa de las tortillas Cacheiras 1823La casa de las tortillas Cacheiras 1825La casa de las tortillas Cacheiras 1826

O xamón entra ben, normal, pero a tortilla…
Disque ocupa un lugar de honra entre as tortillas galegas, á altura da mesmísima tortilla de Betanzos.
E, como a de Betanzos, moi zumenta (para moitos, demasiado: absterse os máis quisquillosos coas tortillas pouco calladas; a xema pode chegar a estar líquida arrodeando a tortilla).

La casa de las tortillas Cacheiras 1828La casa de las tortillas Cacheiras 1829

E o mellor o prezo: pola tortilla, o prato de xamón e o viño con gasosa pagamos 14€ entre os dous (a 7,5 por cabeza).

Polo inverno, e con tempo, comezamos co caldiño galego. E, se cadra, os callos, a carne estufada, a chuleta…
En fin, que non só de tortilla vive o home, e na Casa das tortillas as xentes de bo comer podemos atopar unha ducia de pratos tradicionais moi saborosos e a un prezo altamente recomendable.

La casa de las tortillas
Travesía de Cacheiras 56
15883 Teo (A Coruña)
981 807 128
GPS: 42.821064N,  8.544920O
Cociña: Tradicional
Prezo: 10-15€
Peche: martes.